Cambio de pavillón e hora no torneo do Porriño

16 12 2010

Telegrama de última hora:
O pavillón de Atios vai ser tomado de urxencia polas carrozas dos magos de oriente STOP O torneo do Aberto de Pincha do Porriño ten que trasladarse STOP A nova ubicación é o Pavillón do Colexio de Cruz-Budiño STOP Adiantamos o horario para xogar á hora habitual: as 16 h. STOP A cousa queda así: sábado 18 ás 16 h no Pavillón do Colexio de Cruz-Budiño STOP Anexamos mapa de localización STOP

Advertisements

Accións

Information

6 responses

16 12 2010
Manu Faísca

Ok, todo correcto, eu o sábado as 17h estarei no Pavillón do Colexio de Atios

16 12 2010
Xermán

Brutal esa acción de cambio de lugar de xogo no último intre para despistar ao inimigo

16 12 2010
Rodinhos

Esto non vale, despois de ir analizar o terreo do pavillón para elaboralas pinchas co seu peso correcto e deixalas macerar ao sol o tempo necesario para que as 17:00 do sábado estivesen no seu punto óptimo, este cambio pareceme moi mal. Esixo que se retrase unha semana o Aberto para poder analizar o novo terreo de xogo.

16 12 2010
siareir@s galeg@s

pondremos a venda carnets de soci@ para o partido que a seleccion galega xogara frente a palestina e que contara con un aberto da auténtica as 12 da manhá!!!
Actividades:
Domingo 26, Ourense: 12:00 Bilharda, Paiasos em rebeldia e jantar popular (Praça Magdalena); 16:00 Manifestaçom nacional (Praça Maior); 17:30 Galiza VS Palestina (Campo dos Remedios); 20:30 Concerto (Praça Magdalena).
concerto: keltoi, royalties,son do galpom
UMHA NAÇOM, UMHA SELECÇOM!

16 12 2010
nomade

Esixo indemnización, xa tiña reservado hotel NHatios

17 12 2010
Pinto

Onte voltaba da gudiña e mirei pola A-52 a un tipo que medía polo menos 1,95 camiñando polo arcén cunhas muletas, levaba unha bolsa de almacéns Celso, e un saco de pienso para ir picando.

Decídelhe a ese rapaz que ainda que non poida conducir, seguro que alguén o pode recolher na casa para ir ata porrinho, e que non ten porque ir caminhando.

Vémonos o Sábado 16 ás 18!! Ide acendendo as estufas do pavillón, que din que vai facer tanto frio que se van conxelar as pinchas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: