Fuco gaña, Xosé Rodiño colócase líder

18 10 2010

O día que soltaron a cámara e o micro, plantáronse na final

Este sábado o campo de fútbol de Pardellas acolleu o III Aberto de Pateiro de Ponteareas, que por primeira vez se xogaba en exterior. O terreo de xogo era moi esixente: alí onde caía a billarda, quedaba espichada no xabre, o que obrigaba aos xogadores a amosar os seus mellores golpes.

Entre os 87 xogadores e xogadoras da xornada non faltaban as grandes estrelas da LNB Sur. Alí estaban once dos doce que o ano pasado foron a Conxo se clasificaron para Conxo, pero deles só Xosé Rodiño e Amil chegaron a oitavos. Foi unha xornada de sorpresas, cunhas semifinais inéditas: Fuco gañoulle ao debutante Andrés d’O Fresco, equipa ponteareá que se estreaba na liga. Xosé Rodiño venceu a Amil, e sen ceder un sorriso colouse na final para alí caer fronte a Fuco. O dos Branco e Negro Millenium fixo o único varado do torneo e conseguiu a súa primeira vitoria nun aberto puntuable.

Cos 9 puntos que sumou hoxe, Xosé Rodiño ascende ata a primeira praza da clasificación. Moitas veces á sombra do seu irmán, o máis discreto dos Rodiño Brothers demostra que é moi regular e está en plena forma. Chiwi, que non participou, baixa á segunda praza, e na terceira Fuco empata con Luis Enrique.

Ningunha xogadora pasou a dezaseisavos neste torneo, algo inusual na LNB Sur. Así que o premio feminino levouno Fátima, que con 9 puntos foi a que máis conseguiu na fase de grupos. Na clasificación mantéñense na cabeza Iolanda, Mucha e Ánxela, con 4 puntos cada unha.

O premio ao mellor neno ou nena levouno Cristian de Bateas, que aos 16 anos está a aproveitar unha das súas últimas oportunidades de apañar premios infantís.

Branco e Negro Millenium, líder por equipos
A vitoria na final de Fuco sobre Xosé Rodiño deulle ao combo Branco e Negro Millenium a vitoria no torneo. Con esta recuperan a primeira praza da clasificación, algo sorprendente se pensamos que o equipo foi montado a partir dos tres peores conxuntos da pasada tempada: Branco e Negro, Oestrimnios e os Roxos. Está claro que a unión fai a forza.

Pero a clasificación de equipos ten máis sorpresas, por arriba e por abaixo. Segundos están os Bateas, a equipa na que os Rodiño reclutaron en Sanxenxo figuras de futuro, como o debutante Luis, que con 4 puntos en cada torneo xogado destaca como o máis regular. Terceiros están Almuinha e cuartos os Lideiras Currichos. Do primeiro ao cuarto só hai 5 puntos de distancia. Un dato: ningún destes catro equipos quedaron o ano pasado entre os cinco primeiros.

Por abaixo atopamos equipos pouco acostumados ao frío da cola da clasificación. Os Paquete Pinchas seguen ascendendo e colócanse na sexta praza. Pero Pincharango, Se Foras Traballar e A Faísca (segundos, terceiros e cuartos o ano pasado) mantéñense na cola. Os de Vigo botan moito de menos aos Rodiño, Se Foras Traballar parecen noqueados e os axedrecistas de Salceda teñen as súas estrelas totalmente apagadas.

Esta é a visión do torneo dos irmáns Rodiño, os Coen galegos, aquí máis ben en plan Cine Dogma.

Advertisements

Accións

Information

9 responses

18 10 2010
alitas de polo

ei tíos, din que o ghan lebowski deixou os bolos e vai comezar a xogar na LNB coma novo fichaxe de ö fresco!!

19 10 2010
O Imserso

Olá, som Celso, o pai de R. Otero, quero saber se tamén me podo presentar ó torneo infantil.

19 10 2010
Auga ou bolboretas

Por fin chejoulle o ANTISIPO a Fuccolino

29 10 2010
Vinho e biosbardos

Semella que o grande palanador do Faísca Malik el Shabazz tras fracasar estrepitosamente no Aberto de Aloia conseguiu fazer-se com o prestigiosso aberto de Samora, já conquistado polos palanadores da mesma franquicia Alex e Artur.
Noraboa companheiro

1 11 2010
Yeyo

ei! sabedes porque a rapaza de onte marchou enfadada despois que lhe cuspise na puta cara?

Non hai quen as comprenda! se te portas ben, porque eres demasiado bo, e se lhes cuspes porque lhes cuspes!!!

Están tolas estas mulheres!

1 11 2010
Bob esponja

Ai otero, esto era o que te referias cando me desias que xoghabas á bilharda.

Qué romántico eres, lástima que o noso non poida ser, xa que os zancos que tenho que ponher cando che quero dar un beso impiden que tenhamos relacions sesuais satisfactorias…. Ainda que xa sei que para ti unha relación sexual satisfactoria é durmir nunha cama con Pinto e Yeyo.

Qué majo ese rapaz Pinto, onte estaba moito máis tranquilo que de costume, parece que xa se está a tranquilizar e a sentar a cabeza!!. Dentro de pouco o veremos levando un carrinho con dous bebes – e non me refiro a unha carretilha con dous cadavres enriba-!!.

2 11 2010
Rubén Otero

O ghalo canta,
A ghalinha chora,
polos pitiños
que durmen fora.

3 11 2010
Pinto

O Gil non sabe que para cortar hai que colher o coitelo polo mango, e non pola folha!!!

4 11 2010
Conchita

Hei! Son conchi, a camareira do Underground, de Chantada

No Castañazo rock, houbo dous rapaces moi altos que non pararon de tomar birras no bar onde eu curro, e eu por non parecer maleducada non lles dixen nada de canto debían, pero o meu xefe que para isto da pasta é moi listo, díxome que xa puxera en coñecemento da Guardia Civil tal débeda, e que os están a buscar pola comarca de Mos, xa que un levaba unha foto na carteira dunha galiña piñeira…

Qué lista son, cantas mais birras me pedian, máis birras lles daba eu, asi como esa noite vendimos tanto, meu xefe me ascendeu, ascendeume tanto, que agora estou no paro.

Gracias chicos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: