Este pasado finde en Moanha remexeuse a clasificación da LNB na conferencia Sur, moitos palanadores aproveitaronse doa pista rápida do pavillón de Domaio para dar o mellor de sí, ainda que tamén se produciron estrepitosos fracasos.
Chiwi estase a convertir no xogador revelación da LNB 2010, terceiro en Salvaterra e vencedor en Moanha e o lider indiscutible da xeral, ¿Será quen de aguantar a presión?
O retorno de Chupi as pistas foi como cabia agardar, colandose outra vez na final ¿Onde quedaron os conxuros dos irmans Rodiño?
Ausente en Salvaterra Iolanda foi a mellor palanadora da xornada e situase ao fronte da clasificación feminina da man de Anxela, capaz de conseguir o primer varado dunha moza da tempada.
Duas xornadas foi o tempo que precisaron os Lideiras Currichos para acoplarse nesta gran familia xurdida de dous equipos, guiados polos golpes de Celso e Tiago acadaron a sua primeira victoria .
Gran actuación de Almuinha en Marín, unha das equipas emblematicas da Conferencia Sur que rematou a pasada tempada en gran forma e comezan esta nova campaña coma lideres en solitario na xeral por equipas con L. Enrique e Alberte no podio, comandando a clasificación de varados e a fiminina.
O Aberto organizado polos compañeiros de A ghudalla tamén nos deixou varias cruces, das que sen pretender facer sangue podemos destacar o afundimento de Bateas, o pauperrimo comezo de tempada dos actuais campeóns e subcampeóns da conferencia, Paquete Pinchas e Pincharango. E por último ver como Culombio continua coa sua interminable travesía polo deserto ¿Cando gañarán estes un torneo?
Comunicado da 13/14:
A 13/14 abandona a competición. Sí, xa conseguimos o noso obxectivo:
GHAÑARLLE ÓS PINCHARANGOOOO!!!!!
JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
Boenoooooooo, isto aínda ten moita competición por diante. Se non podemos remontar polo legal xa veremos outras alternativas.
De todas maneiras se a única razón para competir é vencer os dos pincharango manda carallo, maaaaaaanda carallo !!!
P.D: Fran sabemos onde vives.
Como nos vamos afundir se ainda acabamos de chegar, e ademais na segunda xornada fixemos mais puntos que na primeira…..
Aí aí, estamos a 4 puntos do líder e a 2 da clasificación para Conxo…, afundir si que ides afundir vós….
A batea dos Rodinho fai auga por todas partes.
Mirade nos baixos, non teñádes un mexilon-lapa!!
E da faisca nin falades? aqui hai un complot que vou ter que desfacer eu coa miña volta ás pistas, seguro que ninguén lle canta a Otero o de: Otero, Otero… teu pai é….. Celso!
NA FOTO DOS TIRADOS DOS PAQUETE, APARECEN ELVIS E ANIBAL. HAI NOVAS DA REUNIFICACION DUNHA MEGAEQUIPA “BRANCO E NEGRO-MILENIUM-OS ROXOS-PAQUETE PINCHAS”. ¿ QUEN VAI A IR A PAGAR AS CAMISOLAS A SERIGRAFIA ?¿ FARANVOS DESCONTO A HORA DE POÑER O NOME DO PALANADOR ?
UN SAUDO.