As estrelas da xornada

8 09 2010

Chiwi, terceiro na xeral e lider destacado en varados, xogador clave para que por primeira vez os Treze Catorce superen aos Pincharango na clasificación.

Salvaterra é a pista talismán de Gil, vencedor no 2008, semifinalista no 2009 e subcampión no2010. Tras dous anos  as portas das finais esta pode ser a sua tempada.

Unha das mellores novas do aberto da poesía foi voltar a ver fabulosa pegada de Anxela, que o pasado ano parecía ter aochada, pero que ao pouco que a mostre estará pelexando polo título esta tempada.

Da fusión de duas equipas que a pasada tempada se arrastraron na zona baixa da taboa xurdiu a maior sorpresa da primeira xornada. Tralas duras negociacións con Paquete Pinchas e Pincharango, os Oestrimnios decantaronse pola oferta do Branco e Negro, o resultado foron uns abraiantes 23 puntos.

L. Enrique lgrou romper o maleficio que o deixaba as portas do título nun aberto LNB e preséntase xa como o primeiro favorito da LNB 2010-2011, sempre e cando de superado con éxito os controis antidopaxe.

Mentres agardamos novas analises aquí quedan as fotos da xornada

Advertisements

Accións

Information

12 responses

10 09 2010
Rupert

Caramba, Otero leva peiteado novo!

10 09 2010
gaivota

Ao acto de entrega de premios acudiron poucas persoas, o equipo ganador, os ganadores individuais e ganadoras, os que entregaron os premios e poucos máis. Que vos parece a idea de sortear entre os presentes ao acto de entrega de premios algún agasallo (que correría a conta dos organizadores), para facer que a maioría quedase ata o final.
Esta é unha idea que abre camiño para que opinedes e pensedes algún xeito de facer máis atractivos estes actos finais.

10 09 2010
Abstemio

Pódese sortear unha botella de licor café. Se isto non retén a xente tamén está a opción de que tanto os organizadores como os gañadores saian espidos a entregar e a recoller os premios. Sei que esta posibilidade pode danar a sensibilidade dos nosos palanador@s, polo tanto, case mellor, quédome coa botella de licor.

11 09 2010
Sandra Temes

Olá, son Sandrita, Algún de vos viu o meu irmao?, e que lle deixei 936 mil euros para ir a buscar o pan e non volve, creo que era pan de fariña de colombia, alguén quere un pouco? as primeiras veces ponte un pouco nervioso, pero despois xa vai mellor.

E tamén detiveron ó dono dun bar de Salceda, eu non quero acusar a ninguén, pero din que Elvis trasladou o Milenium para alí fai un par de meses.

Se alguén quere un gramo, que avise, vai a 50€.

Pd: Tamén fago medios pollos – e non Otero, non coma os do CorenGrill-.

11 09 2010
O parroco.

Hoxe son os milagres de Amil, é a honomástica do día que este xenial e carismático rapaz ligou.

Era unha fria maña de inverno, él, salía do planta baixa cun calimocho en cada man, ela vomitaba na porta. Cando se miraron, xurdiu o amor. Minutos despois retozaban no motel “Nova Cubana”. Na habitación había unha foto de Tete Delgado acompañada dun mozo loiro que acostuma a xogar a bilharda. Nunca máis se supo desta rapaza despois daquela noite de pasión.

A romeria de Amil amenizarase coas orquestas Principal e Ritmo Xoven, a misa solemne será ás 13H e pola tarde haberá misa con sermón ás 17,18,19, e 20 horas, e maña domingo ás 11 da mañá haberá unha misa en galego, para eses friks que tanto dan o coñazo co de bilinguisimo si mister marshall e non sei que máis chorradas dín.

12 09 2010
porco bravo

sabe alguén que lle pasou a Rubén Otero esta fin de semana? Anda por aí un vídeo onde este gran palanador galaico sufre un accidente de palán. Outro personaxe da LNB intenta socorrelo, faille o boca a boca… pero as imaxes expeluznantes déixannos coa dúbida: recuperouse?

12 09 2010
aymara

que pasou cos Rodiño en Salvaterra? Por que Xosé se marchou deixando atrás a Xan? Son realmente irmáns? Que misterio hai detrás deste apelido?
Por favor, quen teña máis información que escriba á LNB, pois estase investigando unha posible falsa identidade.

13 09 2010
florentino

Parece ser que a conferencia norleste cobra unha inscripcion de 2€ para trofeos e gastos varios.
¡¡¡Autofinanciación xa!!!

27 09 2010
Amil

Xa se sabe algo do torneo de este Sábado?
Ide poñendo información plis!

27 09 2010
"BN, el sabor que vence"

Sábese que ides palmar outra vez…

28 09 2010
Amil

é mellor que poñas BNM, en lugar de BN soamentes, que se vos olvidades do Millenium poida que empecen as fracturas internas!

28 09 2010
Fuco

Onte tivemos un aberto de bilharda na sede do PSOE en Salzerda, foisenos un pouco das mans, se alguén quere un poco da carne que asamos coas brasas que quedaron que avisen, que temos muita.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: