Sorpresas en Salvaterra

7 09 2010

O Aberto do Festival de Poesía do Condado, en Salvaterra, é xa todo un clásico que este ano por primeira vez é puntuable para a LNB Sur. O torneo xogouse este sábado na fortaleza para abrir a tempada 2010-2011. Cun calor abafante, 65 palanadores e palanadoras xogaron o torneo, que se iniciou ao mediodía e rematou a iso das dúas e media. Habería moitas cousas que contar, así que vos deixamos só algunhas pinceladas do máis destacado.

– Estreáronse tres equipas: de Sanxenxo chegan Bateas, escuadra aymara liderada polos Rodiño. Outras dúas equipas son resultado do intenso mercado de verán, que acabou con dúas fusións: Lideiras Currichos, unión dos equipos de Mos e Ponteareas; e Branco e Negro Millenium, un popurrí no que se mesturan os Branco e Negro con palanadores dos Oestrimnios e Os Roxos.

– Non lles resultou nada mal a unión aos Branco e Negro Millenium, porque pasaron de ser as tres equipas na cola da clasificación do ano pasado a comezar a temporada como líderes. Estiveron moi regulares, con actuacións destacadas de Gil, Fuco e Iván.

– Luis Enrique venceu o torneo. Despois de quedarse ás portas en varias ocasións o ano pasado, desta volta conseguiu gañar ao impoñerse na final a Gil. Os dous son agora os líderes da clasificación xeral, empatados a 9 puntos.

– Coa achega de Luis Enrique ou Alberte, os Almuinha colócanse segundos por equipos. Ánxela levou o premio á mellor xogadora do torneo, e é a líder feminina empatada a 2 puntos con Mucha dos Lideiras Currichos.

– Bateas amosaron as súas cartas e xa son terceiros por equipos. Os Rodiño chegaron acompañados dunha canteira de xogadores novos que promete.

– As decepcións do torneo foron sen dúbida os Pincharango e os Paquete Pinchas, o ano pasado no alto da táboa e agora entre os tres últimos da clasificación. Os de Salceda estiveron frouxos, e do equipo de Pontellas só se presentou Salgue.

– Chiwi dos Treze Catorze conseguiu dous varados, levou un premio por iso e colócase líder desa clasificación.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: