Aberto do 25

22 07 2010

Este Domingo en Compostela tes distintas opcións, podes achegarte a catedral aescoitala misa de 5 e comulgar ou xunguirte ao carro da LNB.

No tocante ao parón estival cabe destacar o ruxe ruxe entorno ao mercado de fichaches, ou a noticia recén confirmada da reintegración nos Paquete Pinchas de seus fillos prodigos, Os Oestrimnios, que lucirán equipaxe patrocinada polo Millenium 33. No deportivo resaltar o gran estado de forma de Quintela, finalista do aerto de S. Xoan, no que venceu Angel do Guindastre, e Gañador no Aberto organizado pola Cordinadora de centros sociais de Vigo no que Anxo do Faisca quedou subcampión e Viana levou o trofeo Zamora.

E para rematar xegan novas escalofriantes dende Sanxenxo:

“Ola compañeiros e compañeiras,
Estamos a punto de parir o I torneo aberto de billarda no concello de Sanxenxo. Por suposto, non sería o mesmo sen a participación de palanadores e palanadoras da conferencia Sur. Por favor, non o dubidedes haberá espinacas cultivadas ecolóxicamente para os e as que acudades. Será o día sábado 31 xullo, hora e lugar por confirmar.
Está nacendo unha franquicia no Salnés e queremos darlle pulo. Seríamoi importante que palanadores da elite da Conferencia Sur acudiran.Tendo en conta, ademais que os premios serán os de maior cuantía na historia moderna da Billarda.”

Pemanecede atentos!!!

Advertisements

Accións

Information

22 responses

22 07 2010
Defensores do Vianismo

Parabéns a Viana polo Zamora, ser o palanador menos “goleado” tamén ten o seu mérito!

23 07 2010
Tambem defensor do Vianismo

O trofeu Samora nom tem nada que ver cos goles que se recevem senom cos que se marcam.

23 07 2010
Mollejas de pollo

Que hai de certo na competencia furibunda entre dous palanadores da LNB Sur polo control do mercado leiteiro do noroeste peninsular?
E certo que os nosos dous eternos suplentes de luxo pertencen a “Leite Sinais” e “Central Lechera Asturiana” respectivamente?
Ten que ver que sexan frentes despexadas ambolos dous, coa bonanza dos seus negocios?Son os dous fieles seguidores de “El Solitario”?
Non quero imaxinar unha protesta destes dous xigantes lacteos derramando leite no campo.
E por ultimo, teño entendido que trofeo Zamora foi compartido por dous palanadores e entregado baixo a atenta mirada do mesmisimo Fidel.
Alguen pode confirmar tal extremo?
Grazas!

23 07 2010
Empuxando a Vaquinha

Ao dono da Central Asturiana do post anterior roubaronlhe umha becerra o fin de semana pasado.
Hai un ruxe-ruxe por ai que di que foi vitima dun engano a base de froitas e hortalizas pasadas de data.
A policia confirma que o secuestrador a ten agochada numha tenda de campanha em Vilaxoan.

23 07 2010
Xan Rodiño

Boas Palanadoras e palanadores!
Como xa saberedes gañei o aberto da Pastoriza coa intencion de facerme co premio que era un xabarin e ceivalo nos territorios das Rias Baixas.
O xabarin ao ser criado en cautiverio non sobrevive no monte ao ser ceivado segundo me contaron os compañeiros de Adega.
Haberia posibilidade de metelo na tenda de campaña coa becerra?

23 07 2010
Otero

Que pasa Xan un saudo!
Segundo sei na tenda de campaña de Vilaxoan hai unha becerra,un porco e un psiquiatra.
Non creo que meter un xabarin sexa o mais axeitado.
Imaxina un psiquiatra falando con un porco e un xabarin tomando leite da becerra…Que diria a xente…!

23 07 2010
Psiquiatra

Eu preferiría que o xabarín falara coa becerra mentres esta toma leite de psiquiatra… e que a xente diga o que queira!

23 07 2010
O Xabarín de Meira

Ola, compañeiros e compañeiras,

o pasado sábado 17 recibín a agradable noticia que a miña liberdade foi conquistada a golpe de billarda por un tal Xan Rodiño, dos Rodiños do Salnés. Pois ben, pronto trocou en tristeza a miña anterior ledicia, pois despois de consultar con instancias máis preparadas, parece ser que non se atreven a ceivarme no monte do cal proveño. Segundo teño entendido, porque non sobreviviría. Pero que saben eles e elas de supervivencia, se levo desde o século VI a.c. pacendo polas serras galaicas. A verdade é que os engañei cando me preguntaron que idade tiña. Realmente, contando todas as encarnacións e reencarnacións, vou polos 2700 anos. O que pasa é que me conservo… bastante… bastante mal, para que vou engañarme e engañarvos. Quero descansar definitivamente. E agora vai e este tal Rodiño quere librarme do final desexado: as tripas da tribo da Conferencia Norleste. Non¡

Por favor, que alguén me axude.
Que alguén faga entrar en razón a este demente¡

Oinxk, oinxk¡

24 07 2010
isa

…..entre el jabalí y xan rodiño me quedo con el jabalí!!

27 07 2010
O Perdedor

Unha vez mais, e perseguido por esa especie de mala sorte que so profesan alguns grandes campions, a nosa indiscutibel eterna promesa Viana voltou a ser derrotado, esta vez no Aberto do Monte Aloia.O gañador foi un integrante do Faisca de nome Artur,de palan intelixente e de bilharda irresistibel.
Mencion especial merece a penosa actuacion de Gil,que despois de un comezo prometedor(conseguindo derrotar a Viana nun espectacular golpe de man) so puido contemplar como o Aberto da Aloia se ia para as gloriosas e cada vez mais ateigadas de trofeos, vitrinas de Artur.

27 07 2010
Pinto

Boas e calurosas tardes dende o corazon de Picos de Europa!
Comentaronme uns montañeiros vascos que habera nas festas de Bilbo do Aste Nagusia un grande Aberto de Txirikila onde o premio para o gañador ou gañadora sera nesta primeira edicion unha vaquinha vasca de 600 kilos.
Os da Faisca faremos equipo e iremos capitaneados polo experto en bovinos de mais de media tonelada ao que alcumamos “O Señor”.

27 07 2010
O Porco

Ola son o dono do Porco.Pero non do porco do comentario de mais arriba.
Explicome; non insulto ao que escribiu o comentario,senon que trato de dicir que son o dono do meson sito na zona vella de Vigo que se chama “O Porco”.
O outro dia estiveron no meu establecemento uns palanadores dun coñecido Centro Social do Calvario.O caso e que un deles que estaba case cego e era bastante maior deixou unha derrama de botella de viño,tortilla,xamon asado e pementos entre outras cousas.
Fazede o favor de dicirlle que me pague!

27 07 2010
Haberá billarda na próxima tempada?

Parece ser que reunida de urxencia a Mesa Nacional da LNB ao mediodia do Dia da Patria nunha coñecida tasca compostelana, poñen en dubida que pra a tempada que ven poida haber billarda en ningunha das conferencias, toda vez que chegou a nova de maniobras irregulares que adulterarian a competición en varias das conferencias, tal como compravenda de palanadores, aparición de novas franquicias, …

27 07 2010
Haberá billarda na próxima tempada?

Eu polo que sei non se falou de suspender a competición si nom de retirar os dereitos federativos a Xosé e Xan Rodinho, que parece ser que son os culpables da alarmante situación, e só estes dous non poderian participar en ningunha das conferencias.

27 07 2010
uno de porriño

¿Que hay de cierto en los últimos comentarios?
¿Quien estuvo en esa reunión y puede dar información?
¿Serán los del Faísca con sus chorradas? Que hablen de política
Y que es eso de una mesa nacional. Yo no sabia que habia un órgano de dirección de la billarda. Esa gente cobra dinero?

27 07 2010
O Plurilingüismo

Parece que a victoria de espanha no mundial fixo que os superespanholistas do Porriño saisen de debaixo das pedras de onde se agochaban, ¿Teremos un novo golpe de estado no concello porriñés?

Soño cun día no que haxa espazos so para os galego-falantes, ou cartazes de “Prohibido Cans, madrilenhos e falantes de espanhol”

28 07 2010
Anti-Gloria Lago

Nom estou dacordo.Que culpa tenhem os cans en tudo isto?

27 07 2010
A vaca.

Eu son a vaca que estaba na tenda dun coñecido palanador da lnb sur durante o festival de Vilaxoán, onde o PINTISMO o ano pasado acadou un record mundial, nunha hora xa estivera borracho, fumado e drogado, e xa estaba poteando para marchar a durmir, e todo iso…. NUNHA HORA!

Quero denunciar que O VIANISMO está a facer competencia desleal co tema do leite, anda a vender por debaixo do prezo de produçcom e estamos a perder cartos.

Viana, se produces 50 litros diarios, ese é o teu problema, non veñas a foderlle o chollo ás demáis, PATRIARCADO NUNCA MÁIS.

O artur non so gañou un torneo, senon que recuperou un xemelgo.

27 07 2010
a verdade

O conflicto xerouse porque o Faísca esixe os dereitos de formación e o pago da clausula de rescisión si queren abandonar a disciplina desa gloriosa franquicia. E vetarian a posibilidade de que os tránsfugas poidan xogar pra outro equipo.
Xosé Rodinho parece que estaba por rectificar mais a presión de Xan, faino dubidar. En cambio este segundo asegura que o seu contrato era dun ano, cousa que á forza ten que ser falso, pois nin tansiquera pasaron oito meses desde que debutaron co Faisca, en todo caso, de poder probar que o contrato non é vitalicio e é so por un ano terian que competir co Faísca até Dezembro. E no meio da competición non se pode mudar de franquicia.

27 07 2010
sexamos serios

O regulamento está para cumplir-se. E todo está nas maos dos membros da mesa nacional, que resolveram em breves. Mas sabendo quem som, e de que pau vam, já sabemos que vam dizer.

28 07 2010
Yeyo

Eu tamén quero marchar cos Rodiño pero os do Faísca, sempre coas súas chorradas, non me deixan!

28 07 2010
Pintismo

Ti cala yeyo, que eres o único normal da Faisca.

O Mestre,
O Profesor,
O Licenciado,
O Masterado,

Aulas de apoio na Faisca Xa! conseguiremos que os malotes e Suso Diz rematen a E.S.O.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: