Finalistas

21 05 2010

Paquete Pinchas: Os actuais campións nacionais tratarán de revalidar o título do pasado, cando arrasaron nas pistas do Conxo. Este ano as cousas presentanse mais complicadas.

Pincharango: Tras un brillante fin de tempada os debutantes plantanse na fina, onde contarán com moitas opcións se comsiguen dominar a presión, suplindo con talento a sua inexperiencia nestas lides.

Fátima: A subcampiona do pasado ano tratará de subir un chanzo e facerse co título no 2010

María: Unha das favoritas se consegue adaptarse a terra do Compostela

Ana: Pese aos fiascos nas últimas xornadas é unha das xogadoras máis brillantes da LNB

Pauliña: Non erra case nunca, e tampouco o fará na final. Moito ollo con ela.

Lorena: Vanlle bén as pistas de terra, e se na final chove xa temos campiona.

Chupi: Despois de dominar no Sur vai apolo seu obxetivo, o título nacional.

Otero: Tras unha tempada pouco inspirada tratará de defender o título.

Amil: Buscará en Compostela ese día inspirado no que pode derrotar a calquera.

L. Enrique: Posiblemente o xogador mais tecnico e completo da LNB, demostrarao.

J. Otero: O mellor dos debutantes na LNB Sur que xa sabe o que e vencer, terá que adaptarse a pista de terra.

Dario: Gran pegador que chega facendo pouco ruido pero con moitas opcións.

Lemos: Outro debutante e vencedor do aberto de Salceda, de nervios templados e bo golpeo curto.

X. Rodiño: O xogador mais en forma de toda a LNB, está en todalas quinielas.

Celso: A sua templanza e unha baza extra nun escenario como as finais nacionais

Salgue : Moito ollo con espertar a besta

Luis: O mais regular dos SFT buscará en Compostelá unha victoría que se lle resiste.

Davide: Na ultima xornada sufriu para manter o seu posto e venderá cara a sua pel na final.

Otero: O especialista en varados do Sur defende o titulo tamén en Compostela.

Chupi: Adestra cada día por un galardón que se lle resiste.

L. Enrique: A pegada limpa de L. Enrique é ideal para as pitas do Conxo.

X. Miguel: Ao ser a final despois de xantar perde opcións, o seu asesor tampouco axuda.

Darío: Poderá sorprendernos a todos nunha pista  longa e lenta.

Suplentes: Individual: Panzo e Gil ( Panxo terá sitio na final se X. Rodiño supera na cnferencia centro o seu posto no Sur) Equipos: Se Foras Traballar. Feminino: Mucha e Iolanda.

E para todos os que se quedaron as portas… ( e para os que queiran pasar unha nova tarde de billarda) teñen unha última oportunidade no Aberto das Burgas. A LNB no seu esforzo por impulsar a Conferencia Aurense decidiu unanimemente celebrar un aberto en Ourense e  conceder dous postos nas finais para os dous mellores do torneo(dos que non estén xa clasificados para Compostela nalgunha das outras conferencias).

Esta pode resultar unha oportunidade de ouro para que algún dos nosos palanadores acade unha desas prazas e completar a lista dos palanadores do Sur nas finais nacionais. Avante Conferencia Sur! AVANTE LNB!

Advertisements




Último tren para Compostela

17 05 2010

O aberto de Vigo dictou sentenciasobre os clasificados da conferencia Sur, pero para todos aqueles que remataron a empada fora dos postos de aceso as finais nacionais disporán dunha última oportunidade.





Fin de tempada en Bembrive

14 05 2010

Ademais… “RADIO CABALIÑO”  co que poderemos desfrutar de Música, entrevistas e sesión de micros abertos para tódolos que se animen.

Merenda e petiscos de confraternización LNB

Entrega de trofeos a tódolos equipos participantes e aos mellores palanadores e palanadoras na clasificación xeral da tempada.

Actuación de Fachenda Galega

Cea no Faisca

.. e moito mais grazas a colaboración de todolos participantes da LNB

E cando remate a tempada a billarda continua…

Da man da Ghudalla.

E atentos porque o Luns publicaremos neste blogue unha agradable sorpresa.





Vigo, A última Batalla

13 05 2010

A Batalla de Bembrive

  Cos paláns erguidos e as billardas recén pulidas os palanadores da Conferencia Sur agardan con impaciencia que chegue o Sábado para facerse co derradeiro aberto da tempada na conferencia sur. Cinco equipos tratarán de acadar a puntuación necesaria para aceder cos P. Pinchas as finais nacionais, mentres que as restantes xoganse o orgullo de rematar o mais arriba posible que ademais lles facilitará nos cruces da Cunca Xíbara.

 Na clasificacíon xeral quedan por decidir tanto o podio da tempada 09-10 como os nosos representantes para Compostela. Con Chupi, Otero, Amil e L. Enrique clasificados restan por completar 8 (quizais 9) prazas os candidatos a quedar entre as 12 plazas de honra son Celso, lemos, Jose Otero, Gil e X. Miguel que parten cunha lixeira ventaxe, Luis, Pablo, Tiago, Davide, que están baixo a espada de Damocles e uunha recua de aspirantes: Salgue, manolo, Juan, Oscar, Panzo, Darío, Cara, Alberte, Xan Rodiño, Manuel, Elvis, Xurxo, David, Chuki, Arturo, Fátima, pinto, Jacobo, Pablo, Fran, Angel, Anxo, Maria, Chiwi e Arosa.

 No feminino parte como lider Fátima que conta cos Culumbio para facer traballo de equipo para que se adxudique o título. María que está a un so punto e Ana Diz a dous puntos no caso de pasar a primeira rolda poderían asaltar o primeiro posto. Pauliña que parte lixeiramente mais rezagada conta coa ventaxe de que non restará ningún punto no caso de sacar a relucir a sua calidade presentase como a sorpresa final. Tamén con opcións matematicas ao título, pero co obxetivo marcado de facerse con praza para as finais parten Chus, Lara, Lorena, Mucha, Iolanda, Palmira, anxela, ana, diana, Sandra, Benchara, Chelo, sofía e Viana.

 Na loita polos varados Chupi e Otero igualados na primeira praza marcaranse mutuamente durante todo o Aberto mentres os demais agardan un día inspirado e cheo de varados para dar a sorpresa, L. Enrique X. Miguel e Dario defenderán a sua praza.

CLASIFICACIÓNS





II Aberto de Billarda de Vigo

11 05 2010

  Sábado 15, Torreiro da Alameda de Bembrive (C.C. Helios)

16:00 Inscricións

16:05  Inicia a emisión  “RADIO CABALIÑO”  co que poderemos desfrutar de Música, entrevistas e sesión de micros abertos para tódolos que se animen.

16:15   Comezo do derradeiro aberto da tempada regular 09-10

18:45    Pequena merenda de confraternización.

(Receso necesario para sumar os puntos na clasificación xeral)

19:30 Gran Gala LNB Sur 2010

Entrega de trofeos a tódolos equipos participantes e aos mellores palanadores e palanadoras na clasificación xeral da tempada.

Actuación Musical

… E para todos aqueles que teñan ganas de troula, as 22:00 apoteose final con cea no C.S. Faisca e posterior visita guida polos bares vigueses.

O auditorio do C.C. Helios con acollerá mais glamour que o kodac teather.





Camiño a Vigo con parada en Salceda

4 05 2010

Mentres se ultiman os preparativos do II Aberto de Vigo (15 de Maio) que resultará decisivo tanto para a clasificación final da LNB Sur como para coñecer aos nosos representantes de cara as finais nacionais en Compostela (30 de Maio)

O que xa podemos dicir é que se celebrará no Centro Cultural de Bembribe, e tamén adiantar algun dos actos preparados, como un concerto (ainda por confirmar) que amenizara o aberto con música en vivo, a Gala LNB Sur 2010 coa pertinente entrega de premios aos equipos participantes, e para todos aqueles que o desexen apoteose final con cea no C.S. Faisca e posterior visita guida polos bares vigueses. Manteremosvos informados.

E para chegar a Vigo preparados os compañeiros do Treze Catorze preparanse para o seu dia grande,A TREZECATORZEADORA.

Ademais de boa música e un ambiente inmellorable os que acudades pola tarde poderedes disfrutar con xogos como o Lanzamento de Sacho, o Trompo, a Chave, e como non, da versión maís tradicional da Billarda.