Un Sur exemplar

31 05 2010

A Conferencia Sur, nun alarde de xenerosidade sen precedentes na historia do deporte, cedeulle o triunfo aos compañeiros setentrionais.

As primeiras en saltar a area foron as nosas palanadoras que tiveron que conter a sua poderosa pegada para que poidesen pasar o maior número posible de xogadoras doutras conferencias, pese a isto María non puido evitar colarse en cuartos, nese punto decidiu non entorpecer o camiño de Carmela que a postre se faría co títlo nacional.

Na final por equipos tanto Pincharango coma Paquete Pinchas utilizaron as calculadoras de xeito espectacular, ambos lideraron a proba ata o ecuador sempre respetando un marxe de ventaxe para que nas últimas carreiras fosen Os Outros quenes se fixesen coa victoria. Pincharango foi terceiro.

PARABÉNS AS CAMPIONAS

Os nosos palanadores tiveron realmente complicado deixarse vencer na proba de varados,cumpre destacar a concentración necesaria para non atravesasr o varal, ata tal punto que tiveron que errar 60 lanzamentos ata que Hugo fixese o Varado gañador.

Por último na final absoluta os nosos decidiron deixar o camiño libre dende o inicio, borrandose xa na fase de grupos e solo L. Enrique e Lemos nunha arroutada de egoismo avanzaron ata cuartos, momento no que recuperaron a cordura e cesaron o seu dominio para que Marquiños voltase por fin a disfrutar dun triunfo na final.

BEIZÓNS AOS CAMPIÓNS

….  Lembrade que este finde agardanos en Budiño a CUNCA XÍBARA…

Advertisements

Accións

Information

23 responses

1 06 2010
Otero

EI!! Moi, pero que fixeches, non quedamos en que era un segredo? como revelas que amañaramos todo?

1 06 2010
Chupi

Eu ao principio non estaba de acordo co pacto, pero pagou a pena ao ver a cara de felicidade dos gañadores.

1 06 2010
L. Enrique

Eu sen querer estiven a punto de facer un varado e case cago o plan!

1 06 2010
Fran

Moi xa que publicas a verdade, deberías decir tamén que os orensáns tamén estabamos na allada, que eu tamén agochei o meu verdadeiro xogo.

1 06 2010
X.Miguel

Vistes que olliños enchidos de emoción tiña reyes cando levou o trofeo? dixeronme que lle pediu a Geni levalo para a sua casa e tenno sobre a mesa do salón e non deixa tocalo, creo que agora comen de pe.

1 06 2010
Reyes

Teño dous gardas de seguridade escoltando o noso trofeo, cañóns cheos de billardas moi afiadas por todas as ventás da casa e pobre de que se achegue a tocalo…..É noso moi noso…..É super chulo…Pesa uns 50 quilos pero para as chicarronas do norte iso é unha pluma…..Grazas a todos polo ben que o pasamos…

1 06 2010
Ana

Que taballiño me deu, por mais que fallaba eu elas parecía que non querían avanzar.

1 06 2010
Gil

Pois a min pareceme que si nos xogamos en serio algún deles ainda que fosen minimas tería algunha opción.

1 06 2010
Lorena

E a min por que ninguén me avisou? Eu xoguei en serio.

1 06 2010
Salgue

Sublimes! En Roma sabían que o maior poder do Cesar non era condear a morte a alguen, iso podía facelo calqura, senón perdoalo.

1 06 2010
Xose

Parabéns para todos eles que o fixeron moi ben.

1 06 2010
Fátima

Eu por iso pasei de ir, pois por moi mal que intentase xogar, ao mellor aínda quedaba por riba dalgunha delas … Foi mellor non arriscar…

Bicos, teño mono de pincha. A ver se poido ir á Cunca Xíbara!

1 06 2010
Iolanda

Parabens a todalas rapazas da faisca. Facer de comer para tanta xente sen saber sequera cantos son ten moito mérito e non facernos pasar fame inda mais. Por certo as tartas estaban boisisisimas. Moitas grazas.
Un bico para Fátima e Chus que non puideron ir e deixaron que fora eu a facer o ridículo.

1 06 2010
Pauliña

Eu e que estiven entretida aturando a Viana e por iso non o puiden facer mellor, sintoo moito, pero estou moi contenta conmigo mesma xa que fixen unha labor que aporta valor engadido ó traballo sociocomunitario dos TOLOS.

Gracias a Yeyo – ou tamén chamado TERAPEUTA- polos consellos para aturar a Viana.

1 06 2010
MARKYTOS

Graciñas logo por a vosa xenerosidade. a verdade é que nos fixestes moi felices durante ese día. para o ano eu propoñerei que os do norleste e os do noreste xoguemos ca esquerda e con a perna dereita levantada para darvos algunha opción xa que este ano tuvesteis ese detalle ta bo con nos. un saudiño a todos e ala, a seguir practicando. 😉

1 06 2010
Locutor.

Menos mal que ó final Paquete pinchas levou o premio ó único equipo capaz de aturar Radio Cabalinho durante 9 horas e media sen sorrir unha soa vez, chupi fixo un esbozo de sorriso, pero puido aguantar.

Parabens polo premio!

1 06 2010
Locutores

A ver se amañamos a Liga Sur para o ano para que se clasifique Fuco (o autentico speaker da LNB), xa que os das finais non valían moito. É ahí o exemplo de Viana que quedou durmido cos comentarios dos speakers.

1 06 2010
Moisés

Eu quería xogar, pero os compañeiros do Sur non me deixaron porque saben que non podo reprimir os meus duros golpes de palán e ía mandar ao traste o plan de beneficiencia facéndome co título de individuais e varados. Así que collín o micro e foi como foi. Eu polo menos ía calzado (no que aos pés se refire).

1 06 2010
DarioPIN

Xa postos a amañar na zona Sur facemos o posible para meter a Moi. De feito xa que Moi ten un gran golpe deberíamos introducir unha proba de lonxitude. Temos que demostrar que somos bast@s.

1 06 2010
Fátima

Bueno, agora en serio, pero que carafio vos pasou???? Non vos podo deixar sós!, mira ti que palmarés… despois hai quen me vacila durante meses chamándome “perdedora” por quedar segunda o ano pasado… En fin, supoño que o licor café tivo que ver, aos do sur pérdenos o alpiste… ji, ji. A min quedoume moita pena de non poder ir, sobre todo polo churrasco e as gaitas de Geni e o outro señor de bigote que fixeron do xantar unha festa bárbara o ano pasado!
Noraboa aos compañeiors do Norte, pero preparádevos para a revancha do ano que ben!

8 06 2010
Daniel

Geni e ó meu bigote danche a grazas pola lembranza, si o ano pasado o pasaches bén iste foi ainda s ellor. Non sempre se ten a sorte de asistir a un concerto dun home pequeniño pelexando cas cordas da guitarra. Insu….ble! por sorte tamen tivemos a deliciosa actuación de “Maghua”, o mesmo cantan, que bailan (xogar, o que é xogar non xogan moito a billarda), pero como animan! Fenómenos! Logo as gaitas tamen soaron e o
licor cafe puxo o peche. O churrasco non sei si estaba bó, por onde eu estiven non pasou. Saúdos

2 06 2010
Pinto

Si, sobre todo polo churrasco. Estaba boisimo.

2 06 2010
Pinto

Parabens a Bea e a Elena polo churrasco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: