Hai que roelas!!!

27 05 2010

Este ano a LNB Sur presentarase no Conxo coas mellores palanadoras da tempada, un conxunto que combina experiencia na final, Fátima subcampiona 09, con novos talentos como María, a mellor pegada da LNB, Ana Diz, moita clase, e Pauliña, a mais xenial e autora dalgúns dos golpes mais espectaculares do ano.  Bueno, e tamén vai Lorera que… é moi simpática.

Pese todo este potencial a cousa ímola ter realmente complicada, a Conferencia Norleste ven encabezada por Geni, actual campiona e primeira palanadora en ser gañadora absoluta nun aberto. Reyes que tamén ven de gañar o pasado mes o Aberto do Grelo en Compostela. Lola que non é a palanadora mais xenial pero si a de mais xenio. Isa, 3º no xerro do salnés e Sofía, de quen non temos referencias, debe salir pouco da casa.

Geni, Iolanda, Reies, Xeila e Isa

O noso espía enviado a Ribadeo mandounos un interesante informe no que advirte que as palanadoras do Norleste están adestrando a dobre xornada en pista de terra para adaptarse ao terreo do Conxo e que están probando innovacións para esta superfecie coma a “Pincha patera” chamada así pola sua forma concava e a técnica do garabullo empregada por Geni consistente en por un pequeno pau atravesado debaixo da billarda para conseguir o “efecto catapulta”.

Dende La Coru chegan Leti e Marica, moito ollo con elas, sobre todo coa primeira, que foi quen de colarse tamén na final absoluta e capitaneará aos Xarutos na final por equipos.

Por último estrenanse nas finais a Conferencia centro onde destacan Carmela e Begoña pola sua gran pegada dende a saida, a quen acompañan a irregular Iolanda, a xovencísima Sheila e Raquel, se ben esta última presenta pouco perigo.

Advertisements

Accións

Information

17 responses

28 05 2010
Pinto

De despistar a Geni xa se encarga Viana.

28 05 2010
tapado

Ola! son o espía do Norleste, e xa podo darvos alghuna pista para gañar as palanadoras do Norleste, e por certo non é Sofía, chámanlle Lucia (non se vé moito porque se esmera axudando a súa nai a preparar os torreznos que alimentan a tribu do NorLeste e poucas veces chega a tempo de xogar), un talento escondido que calquer día aparece. Non se lle conoce punto froxo… nin forte tampouco.
A Geni non a cabreedes, xoga mellor enfurruñada, deixadea o seu aire que algunha vez se despista. Reyes e un caso para estudar, reparte cal e area segundo o día, e como area ai bastante en Conxo, igoal lle da polo cal, co que non tedes nada que facer. Lola, xenio e figura ten un punto fraco, tentade moverlle a billarda para que falle os primeiros golpexos e ta feito.
En canto a Isa, revelación da tempada, si algunha se atreve a chamarlle Sabela, corre o risco de toparse unha hostia, pero seguro que lle fai baixa la garda.
E todo! Quén é o encargado de me pagar?

28 05 2010
Pinto

Xa sabemos cal é a especialidade de Sofía….

UN PAJOTE!

28 05 2010
Baco

O que hai que ver!!! Os da Faisca onte foron de furanchos e hoxe espertaron poetas
http://latri.ca/Relatos

28 05 2010
Reyes

Este comentario es para el espia, por si no lo sabe,hoy viernes a las cuatro entrenamiento del equipo dos Outr@s en la pista de arena de la Pena…..Ven por allí que te vamos enseñar unos truquillos…..jijiji

28 05 2010
Ruben Otero

Este mensaxe vai para a xente do Norleste:
Non vos é mellor non ter que madrugar o domingo, quedarvos en cama ata a tarde e pasalo día tranquilos por Ribadeo que vir ata Compostela para non gañar absolutamente nada?
Aínda estades a tempo de retirarvos e non quedar mal o domingo.

28 05 2010
Celso

Rubén sae do baño e ponte a traballar que levas aí metido media hora.
Aínda vas quedar cego!

28 05 2010
Furancho Amador

Onte quedou no furancho a durmir o señor maior que xoga con vos.Bebeu e deulle sono.Podedes pasar a recollelo.

28 05 2010
David

Vergoña e indignación…
E o que sinto despois de saber que para clasificarse serve con ser “colega” dos da organización…
Que se pode esperar ata as 6 da tarde para xogar, para que chegue a persoa “que se vai a clasificar”…
Eu xa non vou a ir a xogar os abertos, a consumir, a darlle gracia a este xogo, non, pa que. Con ir o de Ourense de “tapao” e chachullar un pouco…
En fin, iba a por todo isto, pero como Moi e bo rapaz, so vou dicir, arriba ese Norte, a meterlle caña os do Sur!!!!

28 05 2010
David outra vez

Por certo, imos a ir con paus e pedras a reventar o torneo!

28 05 2010
isa

Hola tapado, cuidadin cuidadin, que hay muchas maneras de dar leña…

28 05 2010
Pra Davide

Como se publicou na páxina oficial da billarda o venres 21 de maio o seguinte:

Como falabamos nun post anteior, Ourense treme e coa ola de calor que nos ven enriba agora tamén súa só con velas, é por elo que unha das novidades que nos chega dende a emerxente conferencia Auriense é que o inico do Aberto da Repesca se retrasará ate as 18 h. para non quedar abrasados , unha medida moi axeitada xa que o palanador e palanadora é un ser xélido por natureza e non acostumado ás altas temperaturas que se prevén para ista primeira hora do serán do sábado.

Así que é lóxico que o aberto comece as 18:00.

29 05 2010
Un de Salzerda.

Se a Conf. Sur non gaña nada, como sería o normal, ¿podiamos entregar o premio a persoa máis aburrida e que nunca sorrí?

Hai varios candidatos…. pero algún destaca sobremaneira….

29 05 2010
Pinto

Obxectivo da Faisca para este ano cumplido:

-Quedar por encima da Ghudalla.

O demáis importa un carallo.

NON TEDES BAAAAAAAAAAAAAAAAARCO, MOAÑA NON TEDES BAAAAAAAAAAAAAAAARCO

29 05 2010
Palanadora

Como que sería normal que non gañara?, se non gañades non voltedes para o Sur. Quedades con Pinto no centro(non existe peor castigho)

29 05 2010
Pinto

Se queres quedo eu contigo…. xa sabes onde, facendo o que mellor sei facer….

ai omá, quen te collera nunha noite de xiada.

29 05 2010
mikoko

Creo que ai un pequeno erro a da foto non é Sheila sinon Raquel

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: