Panzo, Xosé Rodiño e Fran estarán na Final

23 05 2010

Dende a Conferencia centro chegaron boas novas para algúns dos palanadores do Sur. Panzo, palanador de A Ghudalla, entra na lista dos clasificados para Compostela ocupando a praza de Xan Rodiño, que logrou rematar a tempada en 7º posto no centro mellorando a sua clasificación da Conf. Sur. Panzo tras superar un bache de resultados logrou en Vigo recuperar o ritmo das primeiras xornadas e será unha boa baza para a Final

O Aberto das Burgas decidiu as últimas prazas para as finais da vindeira semana. Os finalistas do Aberto, Xan Rodiño (Vencedor) e Xose Miguel, estaban xa clasificados pola Conferencia Centro polo que unha das prazas foi para  Xose Rodiño que buscará vingarse do seu irmán nas finais nacionais da derrota en Ourense que estivo a piques de deixalo fora da Gran Muiñada da LNB.

A outra praza outorgada no Aberto das Burgas é para Fran, dos Treze Catorze, que deixou no camiño a dous compañeiros  Angel e Rubén e superou en cuartos ao sempre combativo Viana, amosando así o seu poderío en pistas exteriores como xa fixera no Aberto da Poesia.


Accións

Information

6 responses

24 05 2010
Amil

Sabemos os horarios do día da final?
En canto sepades os horarios definitivos colgádeos please para saber a que horas hai que andar por Santiago.
Un saúdo.

24 05 2010
Horarios

Segundo teño entendido os horarios son os seguintes:

Final Feminina 11:30.
Final equipos 12:30.
Final varados 16:30.
Final individual 17:30.

A ver se os poden confirmar.

26 05 2010
Amil

Ok, grazas.

2 06 2010
paxaradas

“Roubeivos” a terceira foto para facer un collage chamado Pincha, agardo que non vos pareza mal, si queredes botádelle un ollo en RuAn ó resultado final e se vos parece mal dicídemo e quítoo. Saúdos

2 06 2010
Moisés

Todo o contrario, gracias por crear algo tan chulo a partir desa foto. Impórtache a ti que metamos a túa ilustración no blog (enlazándoa ao teu, por suposto)?

2 06 2010
An

un pracer, moitísimas grazas.

Deixar un comentario