Vigo, A última Batalla

13 05 2010

A Batalla de Bembrive

  Cos paláns erguidos e as billardas recén pulidas os palanadores da Conferencia Sur agardan con impaciencia que chegue o Sábado para facerse co derradeiro aberto da tempada na conferencia sur. Cinco equipos tratarán de acadar a puntuación necesaria para aceder cos P. Pinchas as finais nacionais, mentres que as restantes xoganse o orgullo de rematar o mais arriba posible que ademais lles facilitará nos cruces da Cunca Xíbara.

 Na clasificacíon xeral quedan por decidir tanto o podio da tempada 09-10 como os nosos representantes para Compostela. Con Chupi, Otero, Amil e L. Enrique clasificados restan por completar 8 (quizais 9) prazas os candidatos a quedar entre as 12 plazas de honra son Celso, lemos, Jose Otero, Gil e X. Miguel que parten cunha lixeira ventaxe, Luis, Pablo, Tiago, Davide, que están baixo a espada de Damocles e uunha recua de aspirantes: Salgue, manolo, Juan, Oscar, Panzo, Darío, Cara, Alberte, Xan Rodiño, Manuel, Elvis, Xurxo, David, Chuki, Arturo, Fátima, pinto, Jacobo, Pablo, Fran, Angel, Anxo, Maria, Chiwi e Arosa.

 No feminino parte como lider Fátima que conta cos Culumbio para facer traballo de equipo para que se adxudique o título. María que está a un so punto e Ana Diz a dous puntos no caso de pasar a primeira rolda poderían asaltar o primeiro posto. Pauliña que parte lixeiramente mais rezagada conta coa ventaxe de que non restará ningún punto no caso de sacar a relucir a sua calidade presentase como a sorpresa final. Tamén con opcións matematicas ao título, pero co obxetivo marcado de facerse con praza para as finais parten Chus, Lara, Lorena, Mucha, Iolanda, Palmira, anxela, ana, diana, Sandra, Benchara, Chelo, sofía e Viana.

 Na loita polos varados Chupi e Otero igualados na primeira praza marcaranse mutuamente durante todo o Aberto mentres os demais agardan un día inspirado e cheo de varados para dar a sorpresa, L. Enrique X. Miguel e Dario defenderán a sua praza.

CLASIFICACIÓNS

Advertisements

Accións

Information

3 responses

14 05 2010
Viana mulher

Dende cando xoga Viana cas mulheres? ai!, temome algunha resposta, non sexades moi bravús

19 05 2010
CalAMardo

Vaia, ninguén entrou o trapo, que pena….

23 05 2010
Pinto

Viana xoga coas mulleres todalas noites nun local sito na rúa castrelos, dirección Galinheiro, di que é o refuxio de montañeiros celtas, pero eu o cartaz que vexo na porta pon “Mamba Negra”.

Él di que ali son supersimpáticas e que sempre queren tomar algo contigo e charlar da vida e dos meus problemas, se cantos cartos teño, se quero casarme con ela que precisa os papeles, xa que Susanne, ven de Minas Gerais, no brasil e a Unión Europea non chegou até ali todavía.

Espero – comenta Viana- que a Union Europea se extenda próximamente e que poidamos disfrutar da compañia das rapazas de Minas Gerais, que son muito simpáticas.

Se algunha Palandora da Lnb Sur desexa contactar con él, que pregunte no Faisca polo semental, eles xa saben quen é.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: