II Aberto de Billarda de Vigo

11 05 2010

  Sábado 15, Torreiro da Alameda de Bembrive (C.C. Helios)

16:00 Inscricións

16:05  Inicia a emisión  “RADIO CABALIÑO”  co que poderemos desfrutar de Música, entrevistas e sesión de micros abertos para tódolos que se animen.

16:15   Comezo do derradeiro aberto da tempada regular 09-10

18:45    Pequena merenda de confraternización.

(Receso necesario para sumar os puntos na clasificación xeral)

19:30 Gran Gala LNB Sur 2010

Entrega de trofeos a tódolos equipos participantes e aos mellores palanadores e palanadoras na clasificación xeral da tempada.

Actuación Musical

… E para todos aqueles que teñan ganas de troula, as 22:00 apoteose final con cea no C.S. Faisca e posterior visita guida polos bares vigueses.

O auditorio do C.C. Helios con acollerá mais glamour que o kodac teather.

Advertisements

Accións

Information

14 responses

12 05 2010
xoxe

Alguen sabe en que tipo de “superficie” imos xogar?? polo tema de levar o calzado axeitado ;))).
Vemonos ali.

12 05 2010
Suspensión

Por que non cambiades o Aberto para o Luns 17?

12 05 2010
Um mais

Este sábado é umha putada, hai actos por todo o pais com motivo do Dia das Letras. Nom se pode retrasar um pouco de hora, ainda que seja? Em Marim hai a III Festa da Lingua.

12 05 2010
suso

Nom sabedes o que é organiçar um evento deste tipo numha cidade grande e tam burocratizada como Vigo.

É impossível andar a mover a data pra ponhela a gusto de todas e todos.

12 05 2010
tonio

Non se cambiou a semana pasada vaise cambiar agora encima da hora!

13 05 2010
unha que nunca ghañou

A ver oh! en que superficie imos xogar? que estou entrenando e seghuro que en pista errada. XD

13 05 2010
Tron

Pois a putada vai ser que coincide cos partidos do BarÇa e Madrid as 19.
Eu a esa hora marcharei o bar de turno asi que non verei a Ghala Final.

13 05 2010
Tron

Retiro o dito, os partidos son o domingo

13 05 2010
Um mais

Som plenamente consciente da dificultade de organizar um aberto, seja em Vigo ou em qualquer outro sitio, mas tendo em conta que é a fim de semana que coincide com o Dia das Letras, que é sabido que hai actos por todo o pais… é algo que se pode prever com suficiente antelaçom.

13 05 2010
Moisés

Está claro que ao final a data non é a mellor para todos/as, pero entendo que queda claro que non foi por mala intención. A data inicial era o 8 de maio, pero un equipo pediu que se cambiase. Iniciáronse entón as xestións para facela o domingo 9, pero a Faísca resultoulle imposible conseguir espazos axeitados para ese día. Así que ao final se optou polo sábado 15. É certo: é ponte, e está na fin de semana do Día das Letras, pode que non sexa a mellor opción, pero a fin de semana seguinte é xa a previa aos play-offs finais de Conxo. Eu, pola parte que me toca na “coordinación” da tempada, pido desculpas por estes cambios de datas.
O que para min queda claro é que é necesario plantear a programación da tempada que vén con máis antelación, e niso temos responsabilidade todos os equipos. Xa o advertiu Tiago: o interesante é fixar un calendario a principios de tempada. Creo que cada equipo interesado en organizar un torneo debería solicitar un mes, repartir logo os meses, que cada equipo presente unha proposta de data concreta, comunicalas a todos, escoitar as alegacións, e unha vez reaxustado, fixar un calendario definitivo, para que todos nos organicemos mellor, e poder ter claro en setembro que días hai torneos en todo o ano. Non é tan difícil: na Mariña funciona así.
Saúdos e forza Fátima, que aspira a ser campiona feminina sen xogar, como as grandes!

13 05 2010
Tonio(o verdadeiro)

Mudando un pouco de tema…
Hai relación entre o rapaz que toca o bombo nos Paquete e o aumento espectacular dos embarazos non desexados nas palanadoras do Sur?
É certo que os ratios mais altos de frecuencia nestes embarazos se producen despois de cada aberto?
Se é así, por qué toca o bombo e non a gaita?
É acaso unha táctica para encher a LNB Sur de paquetiños?
Demasiadas preguntas…

13 05 2010
Pinto(dos Pinto de toda a vida)

Sen dúbida terei que andarme con ollo non vaia a ser que Sofíaunpajote se aficione aos grupos de gaitas.
E que calado o tiña…
Isto todo lémbrame a aquela canción dos Siniestro Total
O Amil leva o leite o Viana a fama,
“nosotros la gloria, Galicia nos ama”

15 05 2010
Indignado

O que me parece de conha é que se mude a data do dia 8 como estava previsto para o 15 porque uma associação tinha actividades e que se meta o dia 15 quando é uma ponte de 3 dias e há organizações que levam meses a preparar a festa da língua e não passe nada.
Mas o 17 de maio e os dias prévios são importantes para este país e a sua língua, desgraçadamente nesta altura mais que nunca, e se há que elegir entre a bilharda e língua toca a língua.

20 05 2010
Amil

Tamén posteei coma Eu, Tonio ou CalAMardo.
So pedir desculpas a todos os ofendidos se a maneira de facer as críticas non foi a mais idónea. Só pretendía ironizar sobre erros que penso que se cometeron este ano coas datas e lugares de celebración dos torneos así coma coas prazas para acudir a final. Non foi a mellor maneira de dicilo o entrarlle o trapo a certos
indivíduos que só saben facer o parvo no foro.
Polo demais penso que está ben o que dí Moi de facer un calendario anual, consensuado, dentro do posible, coa maioría, onde haxa datas e lugares concretos dende o comezo da tempada. Así como que queden claras o número de prazas para Santiago.
Está claro que a LNB está para pasalo ben, se non ninguén iría xogar, pero sen competición e o aliciente de santiago dalle un pouco mais de salsiña.
Simplemente darlle a noraboa a todos os organizadores, despois de tirarlle un pouquiño das orellas, e animalos a que a LNB siga crecendo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: