Mentres se ultiman os preparativos do II Aberto de Vigo (15 de Maio) que resultará decisivo tanto para a clasificación final da LNB Sur como para coñecer aos nosos representantes de cara as finais nacionais en Compostela (30 de Maio)
O que xa podemos dicir é que se celebrará no Centro Cultural de Bembribe, e tamén adiantar algun dos actos preparados, como un concerto (ainda por confirmar) que amenizara o aberto con música en vivo, a Gala LNB Sur 2010 coa pertinente entrega de premios aos equipos participantes, e para todos aqueles que o desexen apoteose final con cea no C.S. Faisca e posterior visita guida polos bares vigueses. Manteremosvos informados.
E para chegar a Vigo preparados os compañeiros do Treze Catorze preparanse para o seu dia grande,A TREZECATORZEADORA.
Ademais de boa música e un ambiente inmellorable os que acudades pola tarde poderedes disfrutar con xogos como o Lanzamento de Sacho, o Trompo, a Chave, e como non, da versión maís tradicional da Billarda.
… con carpa e zona de acampada pra ter os paláns sequiños…. e se chove que chova!!
pena que coincida co concerto de Berrogüetto, Espido, Lizgairo, Xabier Díaz e Talabarte en Tui e/ou co de Ophiusa no Liceo!
Xa podian tocar os beatles no Porriño que eu non me perdo unha festa como a de Salceda!!!
Boenooooooooo, sempre se pode pasar pola festa Trececatorce e logo facer unha ronda ben cocido polo condado adiante.
¿Por qué lle chaman mike, cando todo o mundo sabe que é Viana voltando de Meaño?
Chupi e Chúpame foron a robar galiñas a un galiñeiro
Chupi roubou as galiñas e Chúpame los huevos.