Cábalas I: Equipas

1 04 2010

Xegamos ao momento mais decisivo da tempada, restan duas xornadas para o remate, e a hora da mellora. A puntuación de Marín so subirá os casilleiros de todos aqueles que superen o seu peor resultado polo que se poderán vivir algúns cambios importantes na clasificación.

Na loita polo titulo por Equipas Paquete Pinchas parte con vantaxe, pero menos do que aparenta na taboa xa que lles custara superar os resultados de Bueu e Salceda se queren seguir sumando. Os do Porriño supliron de xeito eficiente a baixa de Anibal e Elvis coa maior aportación de Salgue, Manuel ou Amil camiñan para revalidar o título.

Os debutantes Pincharango estan a ser a sensación da tempada, dispoñen dunha equipa moi equilibrada plo que sempre colocan a 4 dos seus nas roldas finais. De cara o fin da tempada tratarán de manter o seu posto de aceso as finais do empuxe das equipas perseguidoras.

A Faisca trala sua victoria en Salceda aupouse a terceira praza amosando unha gran progresión. Coa incorporación dos Rodiño e se entre Ana e Sofia acadan por orde son candidatos para chegar as finais en Compostela, claro que para iso precisaran de maior aportación dalguns dos seus palanadores que destacan en abertos amistosos mentres que nos puntuables están abonados ao 1.

Se Foras Traballar comparte a 3º praza da xeral, pero é a equipa con mais proxeción. O pasado ano na Cunca xibara foi quen de batir os Paquete Pinchas e agora retomaron ese nivel para quedarse as beiras do triunfo en Salceda e Ponteareas. SFT son a principal ameaza para Pincharango xa que descontando as duas peores puntuacións atopanse a so 10 puntos dos de Salceda.

A Ghudalla pese a cair ata a 5º praza e outra firme candidata para as finais nacionais. Con un comezo de tempada arroiador foron afrouxando paulatinamente pero temos que contar que son a maior beneficiada do sistema de puntuación xa que descontando os peores resultados atopase a so 9 puntos de Pincharango, se tira da sua extensa plantilla doadamente recuperables.

Almuinha xoga na casa e tratará de acadar por fín o seu primer titulo na LNB que se lles mostra esquivo. Son unha das equipas mais potentes e moi temible cando xoga na pennsula do Morrazo, como desvalan os seus 20 puntos en Moaña, ademais na última xornada recuperou o mellor xogo do Aghus.

Os Lideiras xegan o remate da tempada con dous obxetivos marcados, o mais doado, rematar por diante de Culombio e o de recuperar o doce sabor do triunfo acadado en Mos para o que tratarán de contar con todolos seus palanadores.

Treze Catorze, equipa liderada polas suas palanadoras, terá que superar o mal paso de Salceda para descolarse da zona baixa da taboa, buscan o seu primer triunfo da tempada e dada a sua sana rivalidade con Pincharango se pode ser nun desempate contra eles mellor.

Culombio xega cheo de moral despois de facer en salceda a mellor puntuación en 2 anos o que lles permite un darse un respiro na taboa. De cara o fin da tempada trataran de manter o 9º posto e si se poñen todos de acordo en puntuar no mesmo aberto incluso poderían dun xeito remoto aspirar a quedar preto dun triunfo parcial.

Os currichos destacan a nivel individual, xa que todos os seus compoñentes manteñen serias opcións de clasificarse para Compostela, sen embargo debido a sua corta plantilla estes bos resultados non se reflicten na taboa. Avante Currichos!

Branco e Negro xa superou con creces o resultado da pasada campaña pese a escasa aportación do Fuco, acadaron tamén esta tempada consolidar unha formación mais estable e numerosa a que so lles falta rodaxe para obter bos resultados.

Oestrimnios e a equipa formada, a golpe de talonario, da excisión dos Paquete pinchas, debido a un frouxo comezo dentempada que non alcanzou as expectativas e as baixas por motivos laborais de seus capitans arrastrase pola zona baixa da Taboa.

Os roxos estan facendo rodaxe na sua primeira tempada na LNB acadando algún bo resultado parcial, tratarán nas ultimas xornadas de arroupar a Tivi e Chicho que ainda manteñen opcións de colarse entre os mellores.

Iriache Mellor, extensión de SFT, tivo unha gran actuación en Moaña e agardamos que se acheguen a Marín a ver se son quen de repetila.





Banda Sonora

1 04 2010

Na LNB Sur recibimos unha quixa por favorecer deportivamente a algúns palanadores mediante a música escollida para os abertos. E ben sabido por todos que Chupi debido as suas raices xitanas mellora exponencialmente cando soa Hotel California dos Gipsy kings, Celso esta mais fino cando canta Andres Dobarro, Rapu con Dios que te Crew, Fran e Lorena atinan mellor co sonoro Maxin, Alberte sempre pasa de grupo cando soa Projecto Trepia, e Panzo fai bos resultados ao son dos Ruxe Ruxe e Santi con Galegoz. Para subsanar esta falla de ecuanimidade ide pensando que peza e a que mais vos motiva e coa que obteredes mellores resultados e solicitala para que sone xunto coa seleción feita por Almuinha para o aberto de Marín.