Unha Ollada ao Xerro do Salnés

28 04 2010

Entre os que se achegaron a Meaño atópabase Cesar Vilas e grazas a sua camara os que vos perdestes esta loucura en Meaño podedes facervos unha idea do festa na que se convertiu o Xerro 2010.

Trala chegada a taberna da Cancela onde nos agardaba a xente de Xil escomezou un periplo polos furanchos da zona, entre as conversas e o viño desencadearonse mostras de gran afectividade, que se prolongaron durante o xantar, entre os palanadores das distintas conferencias.

Na hora de escomezar o aberto unha multitude congregouse no torreiro da Capela das Angustias. Varios dos palanadores desprazados dende o Sur tomaron as rendas da competición, os de A Ghudalla levaron a organización e os arbitraxes. Pola sua Banda Os treze Catorze en vésperas das sua agardada festa foron os mais destacados a nivel deportivo mentres que os Faisca montaban a sua espectacular “performance” en xil.

Dende o recén inagurada Radio Cabaliño os comentaristas aumentaron a presión sobre os palanadores ao tempo que guiados por Sak, o  gurú  da música independiente galega quen pese a pasar de rolda tivo que abandoar pese a pasar de rolda para dirixir en riguroso directo o seu programa na Radio Galega. Finalmente a xente do sur podemos dicir que o xerro ainda que non se viñese connosco xa esta mais preto, desta vez foi para Portonovo.

O Fin de festa estaba reservado para Fachenda Galega que fixo Menearse a Taberna da Cancela ao son de temas propios, prestados e sobre todo de clásicos readaptados para homenaxear o Gran Xan Rodiño, ese palanadorque coas mesmas mans que lanza versos escribe billardas, e que ten conquistada a LNB sur co seu Humor fino fino. Malia que os palanadores non estiveron fisicamente no concerto Televaral recolle  sua presencia na taberna nunha festa que se prolongou ata a madrugada. Graciñas a toada a xente de Xil por aturarnos.

Advertisements

Accións

Information

3 responses

28 04 2010
tonio

Dende aquí quero facer chegar o meu mais sentido pésame e o maior dos ánimos e apertas os compañeiros do 13-14 pola perda de un compañeiro en un terrible accidente de tráfico acontecido onte ó medio dia en Budiño.
Ánimo rapaces, estamos convosco!

1 05 2010
Pinto

“mentres que os Faisca montaban a sua espectacular “performance” en xil.”

Qué queres decir con eso de perfomance? refireste a borrachera que nos collimos todos e cada un dos membros da Faisca local social sito na rúa toledo numero 9 e na cal venden droga – ou eso rezan as pintadas do barrio-.

Eu polo menos non me espertei na cama dunha señora de meaño….-nin ningún da faisca tampouco!-.

2 05 2010
a veciñanza do Faisca

Algho fariades!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: