Portonovo trasládase ao norte

27 04 2010

 

Este pasado domingo, na terceira edición do Xerro do Salnés, os palanadores/as do Norte desfixeron cara o seu favor o empate existente e puxéronse á cabeza no palmarés desta xa emblemática cita. Doce e suave derrota dos compañeiros do Sur, que coma sempre, déronno todo a un e a outro lado do Varal.

A expedición sureña, composta por decenas de palanadores/as chegou puntual áo punto de encontro na taberna A Cancela, e sen tempo que perder emprendeu, xa cos compañeiros do norte, a clásica ruta polos pintorescos furanchos de Xil, sen perder a referencia dos loureiros que nos guiaban polo bo camino.

Xa na pista, o Sur colleu vantaxe na quenda de grupos, metendo 19 compoñentes de 32 nos cruces de dezaseisavos, que rápidamente se quedou nun empate a 8 nos oitavos e nun empate a 4 en cuartos.

O autóctono Alejandro e Angel de Salceda foron os nosos representantes máis fortes, mantivendo o empate ata as semifinais, destacando a gran actuación dos membros de Treze-Catorze (nunca vista na competición oficial) acadando tamén David e Paulinha os cuartos de final.

Pero a implacable xeografía tomou o mando nas semifinais, e o portonovés Xan Rodiño e o  compostelán Rubén foron superiores e deixaron o torneo sentenciado, con victoria final para o primeiro.

Dende o Sur tomouse a derrota con moita deportividade, ao grito de “Xan Rodiño non bebe viño!” e “Portonovo non está no norte!” esperando que para a próxima vez os abstemios sexan os do comité de arbitraxe. Pero a polémica non desluciu a fin de festa coa actuación de Fachenda Galega e os coros adaptados polos billardeiros máis cantantes.

Dar as grazas a toda a xente de Xil e Meaño, e aos responsables da Taberna A Cancela, os furanchos do percorrido e o restaurante O Noso Bar. A súa hospitalidade e amabilidade fai que nos saiba a pouco unha única edición ao ano.

Estade atentos ás próximas publicacións de fotos e vídeos e ás outras versións dos feitos.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: