Este domingo volta o Xerro do Salnés

22 04 2010

Aquí tendes o programa previsto:

  • Ás 12:00h agrupación das tropas das distintas conferencias na Taberna da Cancela (Xil,Meaño).
  • Posterior xira polos furanchos de Xil.
  • Ás 14:00h xantar de confraternidade no Noso bar de Cambados.
  • Ás 16:00h Aberto do Xerro, Norte-Sur.
  • Final con festa improvisada

Este é o histórico video de hai dous anos, cando o sur logrou vencer (por algunha estrana razón as imaxes do pasado ano están todas borrosas).

O feito é que o Xerro do Salnés o pasado ano fuxiu para o norte polo que dende o sur chamamos a filas a todos os palanadores e palanadoras para lograr a dura tarefa de recuperalo.

Algúns dos palanadores da LNB Sur que pasaron polo Arde o Pazo en Mos, ademais de vivir a expulsión das tropas francesas, puderon adestrar nos albores do século XIX con vistas a acadar douscentos anos despois o Xerro en Meaño, grazas a organización de Xerpo Cultural que tivo a ben incluir a billarda dentro da programación de xogos populares.

E aproveitade todos/as este domingo para afiar as billardas de cara ao definitivo aberto da LNB-Sur que finalmente terá lugar o vindeiro sábado 15 de maio en Vigo, organizado polos compañeiros da Faisca.

A polo Xerrooooooo!!!!

Advertisements

Accións

Information

19 responses

23 04 2010
tonio

Moi mal ese cambio de data a verdade. Moitas cousas na fin de semana das letras galegas.

23 04 2010
xoxe

Opino o mesmo que tonio, xa fixeramos plans pensando en que ia ser o día 9. Nese finde que hai unha ponte, posiblemente haberá baixas (e eu incluome) adios as opcións de playoff. Muy mal muy mal.

23 04 2010
Rubén Otero (Esta vez si)

Quero aclarar que o cambio de data do aberto de Vigo débese a razóns organizativas. Sabemos que o 15 de Maio coincide coa ponte das letras o que pode perxudicar a algúns palanadores pero é a única data posible antes das finais en Compostela. Desculpas a tódolos afectados.

23 04 2010
Manu (Esta vez si)

E a min iso da ponte dame moi mal rollo

24 04 2010
david salceda

penso que a o da data e unha putada para algúns, pero os da trezecatroze estamos moi agradecidos polo cambio. O día 8 temos a festa, e o 9tocará limpar…
http://festatrezecatorzeadora.blogaliza.org/
Animo palanadores!

24 04 2010
Caietano Martinez de Irujo

Escoitei que a xente do Sur chegara ata Xil cabalgando, guiada polos seus cabaliños. Eu apuntome ao xerro 2010!!!

24 04 2010
Pinto ( dos pinto de toda a vida)

Lamentabelmente, o gran palanador da conferencia sur, chamado Pinto, non poderá asistir o aberto final da bilharda, XA QUE PLANIFICARA UNHA VIAXE POR ORIENTE PRÓXIMO CONTANDO COA DATA DO 8 DE MAIO.

Fastidiame moitisimo este cambio de data a última hora, alegrome que a outros lles vaia mellor, pero a min fodeme a vida.

O día que quedemos para independizar este páis, uns aparecerán as 11 e cuarto, outros as sete e media, e os máis, estarán nos bares, sin enterarse de nada.

País…

Pasadeo ben, vos que podedes.

25 04 2010
famento

Pinto suspende a viaxe, non podes faltar si non a ver quen nos fai de cear.

26 04 2010
Sío

Supoño que si se pon un torneo puntuable nunha ponte (e por certo, a única ponte deste verán), e para máis INRI o último torneo puntuable desta tempada, será porque hai razóns de peso que levan a facelo…, xa que sempre se evitou que os puntuables cadraran en pontes ou en vacacións… Pero a verdade é que é unha cabronada. De verdade que non hai outra opción posible?

26 04 2010
juan

Eu tamen necesito outra data xa que ese día non podo ir tampouco. Xa contaba con que era o día 9. Porfi outra data ???
Saudos, e sinon pode ser sorte pra todos, sobre todo para os de SFT ;)))

26 04 2010
tonio

Vexo que o cambio de datas desconforma a gran maioría, sen embargo non se fai nada o respecto, propoño facer unha folga e que ninguén asista o torneo!
Ademais é o último do ano, isto non ten sentido!!

26 04 2010
Porque me peta

tamén era boa opción que cada un xogara onde e cando lle dera a gana

26 04 2010
Trampas

Este Otero xa non sabe o que facer para intentar gañar. Agora co das datas ata que acabe indo a xogar el so.

26 04 2010
tonio

“tamén era boa opción que cada un xogara onde e cando lle dera a gana”
prácticamente é o que está pasando, porque isto é un descontrol total!!
igual que aconteceu co dos torneos a celebrar este ano

26 04 2010
Moisés

Está claro que para o ano que vén haberá que facer un calendario completo a principio da temporada para todo o ano. Pero mentres non é así, non é estraño que nos pasen cousas como estas. Maio é un mes complicado para todos en canto a axenda. Pero se alguén cre que ten a variña máxica para organizar todo estupendamente sen que haxa “descontrol”, xa sabe que aquí non hai directivas, nin xefes, e para organizar, suxerir e coordinar non hai que pedir permiso nin facer folgas: só hai que querer facelo. Só se equivoca quen fai.

27 04 2010
Sío

Estou dacordo co que dis Moi. Eu pola miña parte so preguntaba se non habería outra posibilidade, pero supoño que si se puso o torneo nunha data tan pouco apropiada é porque non quedaría outra e haberá razóns de peso para facelo, malia que a moitos non nos vaia nada ben. Outra vez será… Eso si, deberíades mandar un mail deses informativos, porque supoño que moita xente aínda non se enterou.
Que todos os males sexan estes!! Sorte para tod@s os que poidades ir!!

3 05 2010
tonio

Entón non hai nada mais que rascar non? queda esa data aunque sexa o último torneo do ano e lle veña mal a moita xente e o carallo!!!

5 05 2010
juan

Pois eu ó final si vou poder ir, uffff menos mal.

10 05 2010
tonio

Pois eu non. Pero dame igual.
O único que me jode é que se cambien as datas por intereses privados en disconformidade coa maioría.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: