Próxima cita: o Xerro do Salnés

17 04 2010

Xa temos data para o aberto final da tempada: será o domingo 9 de maio en Vigo. O escenario está aínda por confirmar, pero a xente da Faísca está xa traballando para ultimar todos os detalles. E ollo porque esa fin de semana pode haber outra cita billardeira: está aberta a posibilidade de que o día anterior, o sábado 8 de maio, se despute un torneo amistoso en Pontevedra city, no marco do festival musical-cultural a Anha Urbana. Xa vos informaremos con tempo…

Por agora, a cita que temos máis próxima é o xa clásico Xerro do Salnés, un torneo norte-sur que deu a primeira alegría histórica aos palanadores meridionais no 2008, e que o ano pasado acabou cos palanadores mollados por fóra… e por dentro! O deste ano será o domingo 25 de maio, de novo en Xil, Meaño.

Este ano agardamos que as condicións metereolóxicas acompañen e que haxa palanadores en boas condicións para desputar este prezado trofeo da parroquia de Xil. O plan é o seguinte: quedada ás 12 na taberna da Cancela para efectuar a tradicional xira dos furanchos (agárdase moderación…) e xantar pechado con paella, polo ou pito, postre e viño no Noso Bar a 11 euros por persoa.

Advertisements

Accións

Information

4 responses

18 04 2010
Tron

Se o ano pasado coa chuvia que caiu houbo baixas etilicas ,como faga calor estamos apañados. 😉

18 04 2010
Pinto

“deste ano será o domingo 25 de maio, de novo en Xil, Meaño.”

poñede ben a data, que a ver se alguen vai a ir en maio! haha

19 04 2010
Fran

Pois o 8 de maio hai outra cita á que non pode faltar ninguén:
http://festatrezecatorzeadora.blogaliza.org/

Seica o domingo 9 as pinchas van estar resacosas…

19 04 2010
Rubén Otero

Informovos que este ano levaremos a Meaño o Himno Oficial da LNB Sur que non é outro que a canción de Rafaella Carrá “Para hacer bien el amor hai que venir al sur”.
No Sur quitando o neno das galiñas e o amigo de Sofíaunpajote o resto andamos tipo camión de Pascual,muita propaganda por fóra pero cargados até os topes.
A ver se con música pillamos algo e deixo de entrar nas habitacións que non son miñas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: