Cadros mixtos e fraticidas na quinibillarda de Marín

8 04 2010

Sen perder de vista todas as novas que nos depara ultimamente o audiovisual billardeiro, non deixemos de probar sorte na nova edición da Quinibillarda.

Os supersticiosos están de noraboa porque este próximo sábado capicua -10/04/10- os cadros veñen máis sorprendentes que nunca e prometen dar moito xogo.

A LNB quere romper un palán pola igualdade e achega por fin os enfrontamentos mixtos ás apostas. Ademáis desta vez figuran palanadores en pleno ascenso como Salgue(PAQ), Xan Rodiño(FAI) e Manuel(SFT), e os heroes locais Luis Enrique e Alberte que de seguro quererán lucirse diante do seu público.

Moita sorte!!

Advertisements

Accións

Information

2 responses

8 04 2010
Manu Faísca

¿E como non saio eu na quinibillarda?

8 04 2010
Pinto

Manu do Faísca debería saír como pleno ao 15 da quiniela pero acertando na rolda da billarda na que chega. 1, 2, 3 ou ninguna. No caso de empates o que acertara este resultado levariase o premio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: