Aberto de Marín o vindeiro sábado 10 de abril, o aberto será no colexio O Sequelo (non é o mesmo do ano pasado) a partir das 4 da tarde, a seguir informamos das actividades que temos preparadas.
Venres 9 ás 20H palestra sobre a billarda no centro social Almuinha (rúa Ezequiel Massoni nº 63)
Sábado 10 ás 14H xantar no centro social Almuinha (en principio será unha fabada) e o prezo 10€, para o cal haberá que avisar ben por correo (a.c.almuinha@gmail.com) ou chamando por teléfono aos seguintes números: 606595310 ou 677049789
Mentres colamos o mapa no blogue informamos que as cámaras de televaral Televaral gardan un sorprendente documento audiovisual coas imaxes do palandor que acudiu a Salvaterra para xogar o Aberto de Salceda. Os comentaristas do blogue deron o aviso e agora Televaral achegaranos as imaxes desta espeluznante historia, contarémola así haia que parar un tren. Para abrir os incondicionais desta historia hoxe ofrecemos un adianto, a partires de mañá teredes en exclusiva para Televaral a versión integra de “Salceda-Marín”
fico impresionado co trailer, eu serei dos que hoxe non me deito agardando polo estreo, nen Tokio Hotel nen hostias hoxe durmida fóra agardando polo estreo de Salceda-Marínen Tele-Varal xa!!
Moi bo o trailer, digo… o tren.
Na peli poderemos ver a conversa entre Gil e o revisor? Making off xa!
Jajajajjajaaaaaaaaaaaaajajaaaaaa
pero esto que é?????!!!!!!
podiades ter falado co maquinista antes da “broma” digo eu!!!
JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
queremos a version enteira XAAAAAAA
Non che ai sentidiño ninghún!
Pero.. como molades
ghuas, ghuas,ghuas
O tren que non me leva pola beira do Miño, non me leva e non me leva polo meu camiño, e vai parando pasiño a pasiño ….
jajaja jajajja
se podrá ver íntegro en intereconomía?
Pois claro, pero en inghles traducido pola Gloria Lake que seica aghora traballa alí.