A Faisca prende en Salceda

16 03 2010

A terceira foi a vencida para Xan Rodiño, o xenial palanador da faisca despois de debutar en Bueu, e sorprender en Ponteareas logra en Salceda o seu primeiro aberto da LNB Sur. O seu triunfo na final desencadeou un desempate entre as duas mellores equipas do torneo Faisca e Se Foras Traballar que se decantou para os de Vigo.

Fátima voltou salvar a xornada para os Culombio ao vencer como mellor palanadora e situase a un só punto do liderato da xeral, que manteñen María, que non estivo fina sobre a terra de Caselas e Ana Diz que reservou o seu mellor golpe da tarde para o desempate por equipos. Desta xornada saen tamén reforzadas Chus e Iolanda que se meten nos postos de aceso as finais nacionais, pero ollo porque en Marín comezaran as xornadas de mellora e palanadoras coma Pauliña, Lorena ou Lara poden aproveitar para recuperar os puntos dos partidos que non poideron xogar.

Os Paquete Pinchas aguantan o tirón sustentados por Amil e Salgue e camiñan firmes para revalidar o seu título, a loita mais dura está na desputa polo segundo posto que polo momento manteñen Pincharango que tratarán de aguantar o espectacular empuxe de fin de tempada de se Foras Traballar, o renacer da Faisca e miran de reollo A Ghudalla que conta cun partido menos. Culombio esta xa matematicamente descartado para o título mentres Almuinha agarda facerse forte no proximo aberto: Marín.

Amil e xa o segundo da xeral e con L. Enrique que ten unha xornada menos tratarán de aproveitar a debacle de Chupi para levarse o título no Sur. Outros beneficiados da xornada foron Manuel que se achega a zona alta tras un irregular inicio de tempada, Lemos ou Salgue e Gil que entran nos postos de finais nacionais.

Brais levou o premio ao palanador promesa e Luis Enrique con dous varados iguala a Rubén e quédase a un de Chupi.

Advertisements

Accións

Information

31 responses

16 03 2010
imelda marcos

Cando hai certo ou ficción nisa lenda que percorre toda a LNB que di que Xan Rodiño troca os tenis de rúa polos de competición antes de cada torneo? canto pagarías polos que utilizou en Salceda?

16 03 2010
Cheiriñas

Pois eu escoitei que Suso Diz leva dous anos xogando cos seus calzóns da sorte, e que entre aberto e aberto non os quita para non perdelos.

16 03 2010
Chupi

Parabéns para Faisca, e a Amil e L. Enrique que non falla nunca.

17 03 2010
Culombio resentido

As frases “Fátima voltou salvar a xornada para os Culombio” e “Culombio esta xa matematicamente descartado para o título” denotan bastante mala baba contra este equipo, que aínda que atravesa un bache é o actual campión da Cunca Xíbara. Quero lembrar que en Salceda fumos o terceiro mellor equipo (sacamos 8 puntos máis que Lideiras) e que Lideiras está “case” matematicamente descartado para o título tamén…

17 03 2010
X rodinho

Informo a tódolos presentes que próximamente comezará na USC a liga universitaria de billarda.

17 03 2010
Conferencia USC

Xan , pása un mail a ovaral@hotmail.com con toda a info para comezar a mover por todos os recunchos a inscripición na dimensión USC da LNB, ademáis despois de ceivares a bomba no All Stars e no Aberto de Salceda temos un feixe de condultas de universitari@s interesados no tema , Adiante a Conferencia USC!!

17 03 2010
Ho Chi Minh

A min tampouco me gusta o vocabulario empregado, que é iso de “Renacer da Faísca” acaso pensades que estamos mortos? , non quero decir nada, pero o último en decir tal cousa foi Jean-Serge Nérin, e xa sabedes o que lle pasou.

Espectacular a variedade de música galega mostrada en salceda, descoñecía que se puidese cantar en galego empregando o espanhol e que as bandas espanholas contasen como galegas, demostrase que imos conquistando a independencia a base de asumir como propio algo que é alleo a nós, PARABENS!!!

Polo demáis gran aberto. Parabens para A Faisca, son os mellores, e teñen que ir ó play-off .

Pd: Ademáis son todos guapísimos e moi atractivos.

17 03 2010
aboafé

ia preghuntar que lle aconteceu o tal Jean, pero vai ser mellor non facelo, temomo…
Estou dacordo no da música e sobre todo no de atracativas elas, porque eles…

17 03 2010
Moisés

A min a referencia a Nérin non me fai ningunha gracia, paréceme totalmente fóra de lugar.
En canto á música de Salceda, pareceume unha selección caralluda, pola que felicito á xente de Treze Catorze. Un pouco de variedade é estupenda, porque torneo tras torneo soas as mesmas cancións…

17 03 2010
aboafé

Menos mal que esta Moi para por sentidiño! 😉
E retifico pensei que a música a levara Otero, pero si foron os treze – catorze teñen todo o dereito para iso orghanizaban e moi ben por certo, parabens!!!
Veña faisc@s ide preparando o voso aberto que o listón está moi alto.
Saudos a tod@s

17 03 2010
eu

Eu quero felicitar tamén os “faladores” (speakers) pola súa gran neutralidade nos comentarios empregados. Percíbese perfectamente que non teñen preferencia por ninguén e que non tratan de desconcentrar cando alguns van golpear a billarda. Gran traballo!

18 03 2010
chupi "o oficioso"

Parabéns para Faisca, e a Amil e L. Enrique que non falla nunca.

19 03 2010
Pol Pot

Lamento que se malinterpretasen as miñas palabras, o que pretendía decir é que para min a LNB é un reducto da cultura galaica, e aparte de xogar á billarda, tamén disfruto escoitando música que está fora de circuitos comerciais, e sobre todo, apoiando os creadores de música galega, a música espanhola xa está bastante ben promocionada.

Sinto se alguén se sentiu ofendido pola broma sobre unha victima en accidente laboral, é cousa do humor negro, que tanto me gusta.

Repito, parabéns para 13-14 pola organización do torneo, e sobre todo, por elexir a terra como terreo de xogo.

19 03 2010
Rebeca

Ola compañeiros e compañeiras:
son Xan Rodiño, técnico deportivo da Fundacion USC Deportiva, concretamente de fútbol e fútbol sala. Permítome facer unha breve descrición dos feitos acaecidos para que eu dera chegado á LNB.
Aló polo mes de novembro de 2009 celebráronse os campeonatos Galaico-Durienses (unha competición universitaria na que participan as tres universidades galegas e as tres do norte de Portugal). As modalidades deportivas nas que se compite son as que a Universidade organizadora decida.
Ben, este ano mencionado organizamos na USC o campeonato.
Alexandre Cadarso (CANO, técnico deportivo da USC e coordinador do campeonato) encargoume que organizara a modalidade de xogos tradicionais (chave, billarda e bolos celtas). Púxenme en contacto con Mario (Xogos Tradicionais de Compostela) e coa axuda da súa Asociación organizamos dita modalidade (fixemos cursos de iniciación e fixemos unha selección que representou á USC (Lugo e Santiago, 2 rapaces e dúas rapazas). A partir de aí, integreime no equipo de Xogos Tradicionais que xoga na Conferencia Centro, coñecín despois a Xosé Miguel, Faisca… etc.
En definitiva, aquí deixo un correo alexandre.cadarso@usc.es para que poidades mostrar o voso interese pola liga universitaria de billarda que próximamente imos iniciar.
A universidade móvese, como calquera animal moi grande e pesado, con lentitude. Mais, como servizo público reacciona rapidamente ante as necesidades coñecidas (por isto debemos manifestalas) polos seus clientes ou potenciais clientes, todos nós e os nosos fillos e fillas. Daquela, agradeceríavos que escribírades a esta dirección electrónica o maior número de mensaxes. Simplemente, interesándovos por esa liga de billarda que seica oístedes que vai empezar, e por como hai que facer para participar nela, ou sexa, como, cando, onde, quen…

Grazas a todos e a todas.

Grazas a vós tamén, bosques e montes galegos que nos proporcionástedes a madeira coa que construír as vivendas e alimentar o lume que nós dou de comer, esta mesma madeira coa que desde cativos , desde cativas, aprendemos a relacionarnos e convivir xogando á billarda, respectando as súas regras e ríndonos a coro cos estalos dos golpes. En definitiva, grazas billarda por terme dado tantas tardes de ledicia.

20 03 2010
Pinto

Grazas a ti xan, por darlle un novo pulo a esta revolucion nacional que se chama Bilharda, como se dixo o outro día en vigo “Algo máis que un xogo”.

Non sei se algún dia seremos un deporte ou que pasará coa bilharda , pero ben sei que hai muita xente dando o callo para que iso suceda.

Ó mellor un día en vez de facer un campeonato onde se premie o xogo da xente, deberíamos premiarlle a esa xente que xornada tras xornada organiza os torneos, carga cos varales nos carros, coa megafonia, que torneo tras torneo manchan as mans de cal, que se molestan e perden – ou gañan- o seu tempo para que todos disfrutemos.

Non vou a decir nomes, pero seguro que o leer estas verbas todo o mundo sabe de quen falo.

Parabéns pola Liga Universitaria, verémonos nas pistas!

21 03 2010
LNB Sur

Bo intento Pinto, pero xa te avisamos que polo comentario non che íamos sumar tres puntos.

22 03 2010
Luis E.

Parabéns para toda esa boa xente que fai que cada aberto sexa unha festa.
Pasámolo en grande.Chupi a ver se algun dia gaño eu que ti non perdoas unha,Otero deume vidilla no último jejejeje.Sodes uns grandes.Apertas.
Vémonos nas pistas!!!

23 03 2010
Pantani

Para Pol Pot, Ho Chi Minh o el nombre que quieras adoptar la próxima vez: Si por humor negro entiendes confundir asesinato con accidente laboral, espero que no cuentes más chistes como ese hasta que adquieras un poquito de sensibilidad o un poco de aprecio por la vida, aunque tan sólo sea por la de los demás, porque tu humor es de bastante mal gusto.

23 03 2010
Bin Laden

Estou dacordo con Pantani. Eu de ti tería cuaidado con esa clasificación que fas de “accidente laboral”, porque tamén podería selo un varado directo ao ollo do teu cú, e isto si que é humor negro (do máis negro diría eu) e non o teu que non ten puta gracia.

25 03 2010
Ban Ki Moon

Despois de traducir o texto de Pantani descubrín que hai xente a que o meu chiste sobre a liberación nacional de un traballador oprimido non lle fixo gracia.

Pareceme moi ben que non te fixera gracia, noraboa, tes o escrúpulos que eu non teño. Ollalá algún día poida contaxiarme de eles.

Un pracer e saudos.

Pd: Tedes doús problemas, a seguir: Enfadarvos, e desenfadarvos. Se non te gusta o que lees, non o leas. It`s your fucking problem, ou como se di por aqui, é o teu problema.

Parabéns pola vosa actitude democrática, algo que a min me falta, e non discutamos de chorradas, que de tanto discutir podemonos facer dano no maior órgano de expresión humana: – A boca.

29 03 2010
pau doce

Xa era tempo de que por fin bin laden reconoza que aquelo sí foi un accidente laboral, e non o de pantani. Claro, aínda que o mais relevante foi o de que superan falar espanhol, hai se non; imaxina a calquera deles chamando a mapfre manhattan en galego -Mira, chamaba pra vos avisar dun gholpe que deron uns companheiros cun pilar, non, con pilar non,non, a pilar tampouco…,sii, cun pilar… Si,si, foi bastante forte, pero levaba casco e arnés e todalas epis en regra…-, claro, quen os ía tomar en serio coa liada que hai en nova iorque con tanta película de tiros.
E como se quixeramos que os da junta de feixón, nos patrocinasen un aberto contra a catedral en ano santo ( podería chamarse, I Aberto Ronaldinho), agora mesmo, co choio que lles esta a dar facer montoncinhos coa pasta de tódol@s galeg@s e preparar a festa .
Un pouco de seriedade, por favor, que ao final acabaremos a tirarnos paus coma bárbaros e chamarémolo deporte.

30 03 2010
Moisés

A verdade é que estaba sorprendido con tanto comentario supostamente humorístico no blog da LNB Sur escrito baixo seudónimo. Para min resultaría decepcionante que os autores fosen da Faísca, porque acabo de comprobar que no seu blog non se permiten comentarios anónimos. Neste si, e ao meu entender iso implica unha certa responsabilidade á hora de usalos. O fácil sería o contrario.
Sinto este comentario tan borde (que non sei se ninguén lera), pero é que Pantani é un bo amigo meu e non escribe con seudónimo senón co nome co que todos o coñecemos. Creo que as persoas que escriben co seu nome non merecen ser respostadas con anónimos.

30 03 2010
Xoan del Pozo Dni: 37044543-K Enderezo: Rúa serafín avendaño 14 2ºA cp: 36201 Vigo, Pontevedra, Galiza, Europa, O mundo, Sistema Solar, Via lactea.

Pois decepcionate moi! jaja , o 99,9% son da Faisca, e o 0,01% son da Guarda Civil.

O blogue da faisca non permite comentarios pois… porque ninguén quixo nunca poñelos!!, ven por defecto o de pedir autentificación e creo que esa é a razón, senon que me corrixan os admins do blogue da faisca.

A Faisca non da tanto xogo como a LNB!.

Pero sempre se pode criticar que non dean UNHA TRISTE TAPA CANDO PIDES UNHA SUPERBOCK.

31 03 2010
pau doce ou trece

Aupa, entón son picoleto? Pois prefería ser do faísca. Ah, e dille a teu amigo que se chama igual que un que era ciclista, e que bin laden non se fixo conhecido por escribir neste foro; digo eu. Existe un mais aló da literalidade, a min dixéronme picolo e iso que ainda non me miraron o tricornio…

31 03 2010
Pantani

Ban ki Moon, nombre de un diplomático en lugar de el de un asesino, como Pol Pot o Ho Chi Minh. ¡¡A ver si finalmente vas a tener más escrúpulos de lo que parece!!

Es curioso por un lado, que según tú sea la boca el mayor órgano de expresión humana, pero en cambio no aceptes el castellano como idioma para ello, y tengas que “traducirlo”, sí uses el inglés “It`s your fucking problem”. No comprendes que el idioma es un mero medio de transporte para la COMUNICACIÓN, y que lo que importa es la intención de comunicar. Ni el castellano es más que el gallego, ni el inglés más que el castellano. É máis, acho que o galego é unha lingua moi fermosa, menos cando se pretende usala como arma política, e precisamente a política é a que está a acabar con ela, como fixo ó longo de tódolos seus anos de vida. E se non a usei para falar cotigo, é porque nótaseche a leguas que vas de tintes políticos, e eu odio a política en xeral. Todos son uns ladróns disfrazados de amigos.

Igual de triste me parece que muchos identifiquéis la pincha con una ideología política. Es simplemente un juego, y muy divertido, pero si seguís por esa línea, como el que criticó que no se pusiese música en gallego, acabaréis con ella.

Ban Ki Moon, ten cuidado de tu falta de escrúpulos. Tal vez con ella quieras parecerte a asesinos comunistas como Pol Pot o Ho Chi Minh, pero ojo, porque con la falta de escrúpulos también te estarás pareciendo a Adolf Hitler, al hijo de Bush, a Augusto Pinochet, o al propio Franco. Y es lo que tiene la política. ¿Qué más da la bandera que lleven si realizan actos similares?

Dejad que la pincha sea lo que es y que la disfruten niños y mayores. No la convirtáis en política por favor

31 03 2010
Moisés

Eu creo que abandono este debate: non me gusta o cinismo na literatura, nin na política nin no humor. Non comparto as opinións políticas nin lingüísticas duns e doutros e non me apetece nada discutir sobre iso no blog da Liga Nacional de Billarda.
Bo día a todos!

31 03 2010
Finito de Córdoba

Xa o conseguiches, quitachesme as ganas de escribir máis comentarios.

Menuda raiada botaches!

Comento 4 cousas e non falo máis do tema: A pincha, ó igual que o galego, o baile, a gastronomía, os costumes, a economía propia do pais, etc etc pertencen a algo inmaterial que se chama “cultura Galega”, algo, que polo menos eu, defendo por riba de toda ideoloxía política. A verdade é que a política tírame de un pe, tanto me ten os fillos de puta dun lado como do outro.

A min o que me gusta de verdade é facer chistes macabros, beber vinho do país e axudar a quen poida.
Se a alguén non lle gustan os meus chistes, ou as minhas bromas sobre os accidentes laborales, que non os lea. Non hai máis. é asi de sinxelo.
A min non me gusta intereconomia e non a vexo.

Sobre o de traducir o teu texto ó galego: Bastante me custa levar unha vida en galego, como para nos poucos reductos de cultura galega en galego que poido atopar, teña que andar a leer cousas en espanhol, ou a escoitar espanholadas. Eu respeto, pero non comparto. -E isto non é un sentimento de inferioridade, simplemente aproveito as poucas opcións de levar unha vida en galego que hai ó meu alcance

E se crees que o chiste sobre Nèrin foi macabro, ou fora de lugar, ou o que sexa, te convido a que veñas un dia a sair, enton si que flipabas.

Saude!

31 03 2010
Fátima

En vista dos comentarios fascistas verquidos ultimamente neste blog, creo que deberíamos aclarar algunhas cousas se non queremos que a cousa acabe de mala maneira.

En primeiro lugar quero dicir que eu estaba presente o día que un grupo de amigos e coñecidos decidimos montar unha liga de pincha no sur de Galica, co obxectivo de pasalo ben e de paso recuperar un xogo uo deporte tradicional en Galicia ao que xogaban as nosas nais, pais, avoas e avós e que estaba en peligro de se perder. Un xogo que por outra parte tamén existe en moitos outros lugares do planeta. Entre os que estabamos alí presentes no torreiro de San Campio en Pontellas (que senón lembro mal eramos: Moisés, Laura, Pablo, Santi, Rubén Otero, Chupi, Jota, Fuco, Anibal, Ángela, eu e non lembro se alguén máis…) ninguén mencionou en ningún momento que coa creación da Conferencia Sur, se perseguese nengunha fin política. A min paréceme perfecto que moitas das persoas que compoñen a LNB SUR vexan na billarda ou pincha algún tipo de connotación política, ou asocien o xogo con posicións ideolóxicas (algo que eu persoalmente nin entendo, nin comparto, pero que respeto profundamente). Tamén é certo que hai outras moitas persoas coma eu as que non nos interesa para nada a política, e outras moitas que tamén veñen aos torneos e que son simpatizantes e incluso militantes de partidos políticos tan dispares como o Partido Popular. Esta é a realidade, e se a algúns non queredes que sexa así, xa sabedes o que tedes que facer; pero o que eu pido é respeto para todo o mundo, e se o que se quere é facer algo sesgado e non contar con todos e todas, entonces que se deixe claro, e serei a primeira en abandonar a LNB.

En segundo lugar quero dicir que eu tamén defendo a Cultura Galega por enriba de toda ideoloxía política, niso creo que estamos todos ou case todos dacordo, pero o que ti fixeches neste blog non foi defender nin a cultura, nin unha ideoloxía política, nen nada parecido. O que fixeches foi verter comentarios fascistas e faltar ao respeto a algúns compañeiros da LNB, etc. Este non é o lugar para facer ese tipo de comentarios, así que non te disculpes con iso de “pois se non che gusta non os leas” porque dase a casualidade de que este non é o teu blog persoal, nin o da túa asociación, así que creo que eres ti o que ten que pensar en non escribilos, polo menos aquí. Este foro é de todas e todos os que estamos na Conferencia Sur, así que si queremos respetarnos é mellor que non entremos neste tipo de temas, e que falemos de billarda que é o que nos trae aquí.

31 03 2010
wiki-wiki-pedia

Penso que por desafortunado que vos pareza un comentario non deberiamos sacar a palestra este tipo de debates. Non creo que a lnb sexa un grupo de amigos de san campio, nin creo que os comunistas sexan asesinos, nin que o espanhol precise de ningun tipo de defensa. Nin sequera entendo por que xurdiu este malestar nin por que non parades de censurar tendencias políticas chamando fascista as vosas companheiras. Levo toda a tempada escoitando a supermachista cancion da cabritinha e a supercalidade cultural-musical de rafaella carra e nunca chamei ao tribunal de apelacion. Non me molesta que a xente use pseudonimos e diga sandeces, non deberiades censurar un dos poucos espazos abertos que temos. E non estou a falar de politica, se non de liberdade. A vosa opinion non e mais nin melhor que a de cada integrante do foro, e sodes vos quen esta a sesgalas. Non pretendo faltarlle ao respeto a ninguen, esta escolma é vella, e non leva a ningures.

31 03 2010
Rasputín

Eu creo que alguns sacaron de madre certos comentarios acontecidos neste fio de comentarios, que ian sen ningunha acritude nin mala intención.

Releede as cousas, a ver se é que eu lin mal.

Por certo, hai sectores do PP que son muito máis galeguistas que moitos dos Burgueses Nados en Galiza.

1 04 2010
iolanda

Releín os comentarios como recomenda Rasputín e concordo con él, penso que neles hai humor negro, macabro… que poderá facer mais ou menos gracia e que sempre se pode contrarestar con humor branco, pero non lle topo mala intención e o que non atopei e nada de política por ningures.

Tamén penso que é bo que a xente comente porque así o blog está mais vivo, de feito seguro que estes días visitastes o blog máis que nunca, de verdade penso que non vale a pena cabrearse.

Si tera éxito o blog que ata o irmá de Enrique del Pozo escribe nel 🙂 , e estou enganchadisima o serial de Manu.

Saudos a todo@s.

Rediós canto escribín e cousa do viño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: