Este Domingo chega o All Stars de Billarda

2 03 2010

Cada ano por estas datas chega unha das citas mais singulares da LNB o All Stars Billardeiro que este ano celebrarase no concello dO Pino, ao carón de Compostela. Pola mañá a partires das 12 comezarán os concursos de mates e triplas, Aomediodia un xantar de confraternización cos compañeiros das outras tres conferencias e pola tarde dende as 16h aberto All Stars donde se medirán os palanadores do Este cos do Oeste e de donde sairá a estrela do ano na NLB.

Para que vos vaiades preparando aquí van as instrucinós. No concurso de mates cada palanador tratar de meter a billarda no varal da maneira mais espectacular ou orixinal posible. Imaxina o teu mate e practica!

O concurso de triplas consistirá en atinar o maior número de billardas posibles nun tempo limitado. En 2 minutos de tempo lanzarán dende distintos puntos 10 billardas cara o varal 2 a encestar e 3 cara unha diana.

Pola tarde os palanadores que participen no aberto All Stars dividiranse en equipo Este i Oeste, e ademais loitarán por ser a estrela LNB 2010.

*Por motivos de facilitar a organización que neste caso cae nos compañeiros da conferencia centro os que vaiades a acudir ao xantar, se e posible, enviarnos un mail para ter unha idea aproximada comensales.

Advertisements

Accións

Information

3 responses

2 03 2010
Budoliano

Eu a xogar non vou que nunca din acabado unha carreira, mais a paparota apuntome que é o meu.

4 03 2010
XAN

Ola compañeiros e compañeiras,
hai a posibilidade de encargar a comida que un queira ou hai un menú único para todos?
Esta pregunta, que non coñece a resposta aínda, está orixinada pola miña ocupación, desde hai algúns anos, de comprobar que efecto ten sobre un corpo humano a non inxestión de certos alimentos.

En definitiva, quen saiba con quen teño que falar para aclarar este tema que mo diga. Grazas.

4 03 2010
LNB Sur

O tema da comida levanno os compañeiros da conferencia centro pero podemos adiantar que hai varias opcións de menú, unha delas para os vexeta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: