A clasificación ao día: Chupi domina todos os frentes

21 02 2010

A clasificación actualizada despois da sétimas xornada da LNB Sur amosa o dominio de Chupi dos Paquete Pinchas na tempada regular. Se o ano pasado viviu un duelo ata a última xornada con Rubén Otero, esta vez amosa uns números que parecen inalcanzables para os seus seguidores. Chupi sumou en Ponteareas a súa terceira vitoria e o seu terceiro 10, e leva xa 16 puntos de vantaxe co seu inmediato perseguidor, Luis Enrique de Almuinha. Aínda que as carambolas serían complicadas, no seguinte torneo podería incluso proclamarse campión con dúas xornadas de antelación.

Por incrible que pareza, o da esquerda é o líder da clasificación

Pero a emoción na clasificación mantense, sobre todo polo apretados que están os postos para os play-offs. A falta de que se concrete a posible ampliación a 12 xogadores, Lideiras, Paquete Pinchas e Pincharango son os que colocan máis dos seus entre os 8 mellores. Amil subiu ata a terceira praza adiantando a Rubén Oter, e José Otero  e Óscar entran entre os oito primeiros, xunto a Celso, Lemos e Panzo. Tiago, Gil e Salgue aproveitaron o seu bo rendemento nesta xornada para achegarse moito aos postos de privilexio.

Na clasificación feminina, Ana Diz aproveitou o seu bo xogo e a ausencia de María da Ghudalla para empatar con ela a 15 puntos na fronte da clasificación. Neste momento acompañaríaas aos play-offs a subcampiona nacional, Fátima, mentres na cuarta praza hai un triple empate entre Paulinha, Lara e Chus.

Arela Diz aproveitou os seus poderes biónicos para situarse líder feminina

Chupi anda fino esta temporada, así que non só se consolida como líder da clasificación xeral, senón que aproveitou o torneo de Ponteareas para facer dous varados e poñerse líder tamén nesta clasificación, superando por un a Rubén Otero. Séguenos Xosé Miguel de Faísca e Darío de Pincharango, a sorpresa nesta clasificación.

En canto aos equipos, Paquete Pinchas distánciase un pouco máis de Pincharango despois de facer, con 26 puntos, a mellor puntuación dun equipo esta temporada. De confirmarse a clasificación de dous equipos para os play-offs, os segundos en entrar serían Pincharango, que avantaxan en 20 puntos aos terceiros, A Ghudalla, que non estiveron en Ponteareas. Por detrás veñen catro equipos moi igualados. Almuinha (sempre regulares), Se Foras Traballar (gran actuación en Ponteareas), Faísca (empurrados pola fichaxe dos Rodiño) e Lideiras (que se desinflan igualando en Ponteareas a súa peor puntuación da temporada). Por detrás, destacan os bos números na xornada dos Trece Catorce os Currichos, e os desastrosos díxitos neste torneo de Oestrimnios e Culombio.

Así de negro é o futuro de Culombio na clasificación

Advertisements

Accións

Information

11 responses

21 02 2010
Luis Enrique

Hola,non queria ser tiquismiquis pero no aberto de pontearas fixen un varal na segunda carreira de clasificacion que parece non subiu ó marcador…jejejeje.A ver que me contades.Un saudo .

22 02 2010
Albañil

Luis Enrique ten razón, eu vino facer o Varal!…
Puxo un pau nun caldeiro, puxo outro a 4 metros, e listo! varal construido…
quedouche moi bonito… jajaja

22 02 2010
tiquismiqui

Ola non quería ser tiquismiqui pero ola en galego escribese sen h. Despois de escribir en galego, lanzaraste no próximo torneo a falalo? 😉 unha aperta, e parabens pola tempada que estás a facer.

22 02 2010
LNB Sur

Boas;

Ademáis de agradecer a Luis Enrique a súa axuda coa montaxe do varal, confirmar que en efecto conseguiu un varado na segunda carreira, e en breve será incluído na clasificación.

Saúdos.

22 02 2010
Luis E.

Ola,perdoade as faltas de ortografia jejejeje.Gracias pola molestia.Miña orixe madrileña inda fai mella en mi pero tentarei facelo,o licorka soltame a lingua.Vemonos nas pistas billardeando!!!

24 02 2010
Pinto

Menos galego e máis galegas!

24 02 2010
Galega insatisfeita

e pa que quereredes mais se non podedes cas que tedes?

24 02 2010
Ana Diz

O de estar de primeira é súper guay máis con trampas non o é tanto. Aínda q en Ponteareas tiven a oportunidade (xa q quedei de 3ª no meu grupo) non pasei de rolda. Así q sumaría só 1 punto, non 2.

Un saúdo

P.D. Noraboa a María polo seu primeiro posto na clasificación e a Pauliña polos kilos de rosquillas q gañou por seren a mellor fémina no último torneo 😀

25 02 2010
Organisasión

Ana, levamos toda a tempada dándolle dous puntos a todos os terceiros de grupo, aínda que no desempate entre terceiros queden fóra das eliminatorias. Así que podes estar tranquila, que es co-líder sen trampa!

25 02 2010
CHIWI de Treze Catorze

Eu tamén fixen un varado. Non é pola clasificación pero faime ilusión. Jeje. Abur

27 02 2010
Pinto

Qué boa é Ana Diz, ten o ceo -ou a clasificación para as series finais- gañado.

HOXE FEEEEEEEEEEEEEEEEEEESSSSSSSSSSSTA EN VIGO:

Ir de viños pola tarde e pola noite baile e meneos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: