Avante palanadoras

20 01 2010

A clasificación feminina está mais emocionante que nunca despois dos resultados de Bueu, apenas un par de puntos separan as palanadoras do Sur. Analicemos a clasificación:

María (GHU) venceu en Bueu acadando o mellor resultado da tempada, 5 puntos ao clasificarse primeira de grupo e avanzar ata oitaos de final.Con este resulado arrebata o primeiro posto provisional a Ana (FAI) a quen o sorteo a encadrou nun complicado grupo no que quedou a piques de pasar pero o seu intento de varado foise polo lateral do varal.

Nos postos de aceso as finais nacionais atópase Fatima (CUL) A actual subcampiona manten a terceira praza na xeral tras unha discreta 6ª xornada. Bueu foi unha pista propicia para as palanadoras da Ghudalla, Lara (GHU) logrou pasar a fase de grupos en primer lugar e sumou tres puntos que a levan ata a cuarta praza.

Con un punto menos na xeral aparecen tres palanadoras, Chus (SFT) recuperou en Bueu o toque de a levaron a vencer na xeral o pasado ano, tras un inicio ligueiro titubeante parce espertar a tempo para loitar pola xeral. Ioli (LID) mantense na zona alta da taboa pese a lesión que a fixo xogar mermada en Bueu. Lorena (TRE) unha das xogadoras mais técnicas da LNB que pese a non poder asistir a dous abertos ten un dos papeis de favoritas a victoria final.

Un chanzo por detrás estan Palmira (CUR) a pequena dos currichos tentara emular os seus pais e estar presente nas finais de Compostela, Benchara (SFT) que agarda repetir o feito en Moaña para voltar ao mais alto, Mucha (LID) que cada dia está mais preto da segunda fase, Ana (CUR) semifinalista o pasado ano en Moaña, e Pauliña (TRE) que xa por duas veces as portas da victoria esta tempada.

A espera de engarzar unha boa actuación no seguinte aberto temos a varias palanadoras de contrastada calidade xa que teñen superado a fase nalgunha ocasión como Anxela (ALM) Pilar (SFT) ou Diana (ALM) que comparten postos con algunhas debutantes nesta tempada Magan(BEN) Sisi (GHU) Emi(BEN) Sandra (GHU) Maria (BEN) Sofia(FAI) ou Andrea (PIN) que no seu debut superou a fase de grupos.

Pero o verdadeiro exito da LNB Sur básase no conxunto que forman todas as palanadoras, ata 45 no que vai de tempada, e sen ningunha delas sería o mesmo. Avante palanadoras!

Advertisements

Accións

Information

4 responses

20 01 2010
CariAmor

Como sigamos así nun par de anos xa poderemos separar a liga feminina da masculina!

P.D. O próximo aberto é o 13 de febreiro, A N T R O I D O ! Eu propoño ir todos disfrazados …………..

20 01 2010
Charlie Brown

Avante liga mixta … xa o dí a cantiga popular …

los chicos con las chicas tienen que estar
las chicas con los chicos deben vivir
y estando todos juntos deben xogar!!

PD: Pois eu propoño aprazar o torneo e facer a Comparsa do Varal, repartindo paus polas centricas rúas das vilas galegas.

2 02 2010
Sandra

Teño unha dubida, maría non fixo un varado no campionato de bueu?? e que non a vin na lista de varados e pareceme que si…
Xa sabedes cando é o proximo torneo?? a ver se pode non ser o 13 que por moaña estamos co carnaval.

9 02 2010
Sofia(FAI)

Se fai o que se pode!! a cousa e que as mulleres cada vez seamos mais na billarda!!

Eu voto polo que di CariAmor…a Ponteareas todos disfrazados!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: