Vén bailar a Bueu

13 01 2010

Ao pavillón de Beluso, en Bueu, este sábado ás catro da tarde vénse a xogar á billarda. Pero se queres, tamén podes vir bailar. A iso te convida Xosé Manuel Gayoso, que nos enviou desde o Luar este vídeo do concurso “Vai de baile”. Por agora Gil e Viana encabezan a clasificación de bailadores, pero Gayoso & troupe esperan novas propostas saídas das cadeiras dos noso palanadores e palanadoras. Anímate!

Para os que non gostedes do dancing, Beluso segue a ser unha cita imprescindible. Ao I Aberto de Bueu chegamos con Chupi algo escapado na clasificación individual. Xa é campión de inverno, pero os seus perseguidores non llo van poñer fácil para o que queda de tempada. Por detrás están apreta Luis Enrique e o resto están bastante igualadados: hai moitos billetes en xogo para quen queira entrar nos Play-Offs. Tamén está a cousa aberta por equipos (que non se despisten os Paquete Pinchas), varados (con duelo clásico entre Chupi e Otero na cabeza) e na feminina (liderada con solvencia por Ana Diz, pero cun feixe de candidatas detrás).

Para que non vos perdades, neste enlace podedes ver un mapa coa ruta para chegar ao pavillón de Beluso. Clica á esquerda en “como chegar” e amosarache o camiño entre a ponte de Rande e Beluso.

E para quen vexa que non ten un talento especial para bailar e tampouco para darlle á billarda, aínda lle quedan as apostas. En Bueu repetimos quinibillarda no modelo estreado no último torneo de Mos. Ide remexendo os miolos pra poder predicir o resultado destes novos emparexamentos e acadar o primeiro pleno na historia da Quinibillarda.

Desta vez o sorteo deparounos impactantes enfrontamentos con cadros fracticidas nos que haberá que fiar fino, e que poden presentar máis sorpresas e por tanto máis variantes que na pasada xornada (lembrar que en cada cadro sitúase como caseiro o mellor clasificado). Podedes levar as vosas quinibillardas xa confeccionadas ou completalas o mesmo sábado antes da competición. A xogar! En beneficio de tod@s!

Advertisements

Accións

Information

4 responses

14 01 2010
Tacónpuntatacón

X

14 01 2010
Carmen Martínez-Bordiú

Gosto do estilismo de Viana pero tenho que darlle o meu voto a Gil, ese movemento de cadeiras volmeme tola!

14 01 2010
Carmen Lomana

pois se esa loba vota polo Gil eu polo Viana

15 01 2010
Carmen a secas

Non vin a Gil en directo pero si ao Viana e dudo que se poida mellorar. Os pes flotaban no ar, non sei si polo seu arte o pola cervexa pero voto por il.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: