Para este mes temos unha sorpresa no calendario: xogaremos un torneo en Beluso (Bueu). Estreamos praza e facémolo máis lonxe que nunca grazas á iniciativa do Concello de Bueu e ás xestións da xente da A. C. Almuinha de Marín.
O torneo é o sábado 16 de xaneiro ás 16 h no pavillón de Beluso. A próxima semana darémosvos indicacións sobre como chegar. Vide abrigados!
Advertisements
Se vou a Bueu vou nun bou,
sen non vou a Bueu non vou nun bou
Se vou a Bueu vou nun bou, e si non vou nun bou non vou
O espírito e o ritmo de Dobarro invade definitamente a LNB , pola tarde ó Beluso e pola noite danzas de guerra no Aturuxo!!
danzas de guerra guiadas polo gran bailarín da conf. sur: VIANA!!
Que bueu, ao remate tod@s ao C.S.Almuinha a Marim.
Vémo-nos em bueu.
Alguén pode confirmar se funcionan os furanchos nestas datas?
Os mellores torneos son os que antes teñen quentamento…