2ª xornada: este sábado no Porriño… a polos 100!

28 09 2009

Cartel Pincha Out-09

A LNB Sur volve á carga este sábado 3 de outubro no Porriño. A vila do Louro está en festas, e que mellor maneira de celebralo que co II Torneo de Pincha “Festas do Cristo”. Ás catro da tarde do sábado do Re-Cristo, os palanadores e palanadoras meridionais xuntaranse no curuto máis próximo ao centro urbano: o Monte da Risca. Para atopalo, botádelle un ollo ao mapa (vén marcado en verde). Na explanada montaremos o noso peculiar Roland Garros, con tres ou catro pistas na que xogar de forma simultánea. Ollo, que se chove a cousa trasládase ao pavillón de Atios: se é así, xa vos informaremos do seu emprazamento.

O torneo organizámolo coa colaboración do Concello do Porriño, que ofrece os premios para os mellores da xornada, a base de produtos cárnicos cortesía de Coren-Frigolouro e bebidas de calidade. Coidado, que che hai moita xente con ganas de comer e beber ben… non só os que estiveron a gran altura en Redondela turrarán por levarse os premios. En Ponteareas celebrouse hai un par de semanas un torneo amistoso no que chegaron á final dous que en Redondela estiveron pouco finos: Carlos Amil dos Paquete Pinchas (que venceu o torneo) e Manuel, de Se Foras Traballar. Eles e moitos outros teñen ganas de vitoria e de porco.

Bateremos no Porriño o record de xogadores nun torneo? A cifra redonda dos 100 palanadores quédanos a tiro de pedra, e o escenario é o mellor para conseguilo. Animádevos, o premio é sustancioso, e a compañía inmellorable.

Advertisements

Accións

Information

2 responses

28 09 2009
Pinto

¿Qué se sabe da festa dos callos do Porriño?

Hai algúns de nós que escoitamos que coincide o mesmo día do torneo.

Por favor, Porriñenses, informade ó povo!

Saude!

29 09 2009
Fátima

A festa dos callos é o domingo 4, pero si vos quedades o sábado de festa polo Porriño, a iso da media noite soen facer degustación gratuita (para quen teña estómago de tomar callos a esas horas).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: