A LNB é unha canteira de talentos que trascende o deportivo. Non só concentra algúns dos mellores palanadores e palanadoras do universo, senón que os hai que van máis alá e amosan as súas habilidades en facetas tan dispares como o audiovisual.
Aquí temos unha boa mostra dese talento cun novo videoestalo de Pablo Suengas. Sons electrónicos mesturados co timbre opaco dos paláns e as billardas: ritmo e emoción, deporte e cantina, todo mesturado cos espectaculares efectos psicotrópicos do Michel Gondry da billarda.
Pablichu!!! Te sales!!!! O mellor palanador e o mellor realizador de Culombio !!!!!
Noraboa!! Polo que se ve, Chupi sigue en forma! Estupendo o video e fabulosa a participación no aberto. Que siga así!
De tódalas maneiras ide entrenando xa que no Norleste están moi fortes i os do Centro queren da-la campanada, si sumamos esto as gañas que teñen os do Norleste teremos unhas finais moi disputadas. Nin Messi nin Ronaldo! Chupi, Rubén, Markytos, e moitos mais… iso son estrelas!!