Poderío meridional

1 06 2009

Só tres semanas despois da dolorosa derrota no xerro do Salnés, sandada a base de bebidas espirituosas para esquecer o mal trago (deportivo), as xentes do sur demostraron en Conxo que non esqueceron como se xoga á billarda. Onte aproveitaron as circunstancias climatolóxicas, e nun ambiente semi-tropical aproveitaron para impoñerse aos seus compañeiros norteños (máis afeitos aos climas humidos) no Play-Off Nacional 2008-2009.

Ía calor, moita calor. O sol petaba como se o xabre do campo de fútbol de Conxo fose en realidade a area do Sahel. As tribus nómades chegaron de tres esquinas de Galicia coas billardas entre os dentes, dispostos a suar por coronarse como campións nacionais da LNB. E suar, suaron, diso podemos dar fe!

Á mañá desputouse a final feminina, na que o sur estaba representado por Diana, Ana, Fátima e Chus. As catro fixeron un bo papel, malia que Diana e Ana non conseguiron pasar a primeira rolda ao enfrontarse a dúas rivais de moita categoría: Geni e Demelsa. Chus e Fátima si pasaron e xogáronse entre elas o posto na final. Foi Fátima quen, cun xogo implacable, conseguiu a vitoria que lle permitía enfrontarse na última partida á gran favorita, Geni. E aínda que tivo na man a vitoria na primeira carreira, Geni impuxo a súa lei e Fátima tivo que conformarse cun brillante subcampionato, que como dicía algún locutor vespertino “ser subcampión é máis que ser campión”. Parabéns, Fátima!.

A finais por equipo tamén se desputou pola mañá. Furabolos e Remourelle Bulls chegaban moi preparados á gran final, mentres que os Paquete Pinchas viñan de poñer en práctica un curioso e relaxado sistema de preparación: praia e partidas de chave. Pero estaban afinados, e demostraron o seu poderío tal como fixeron ao longo de toda a liga. Chupi, Elvis e Amil gañaron as cinco carreiras que desputaron, e tamén Charlie, Pablo e Manuel apañaron unha boa chega de puntos, que lles serviron para proclamarse campións nacionais fronte a dous rivais de moita categoría aos que non deron tregua.

Pero o máis inspirado do día fixo a súa aparición pola tarde. Rubén Otero, demostrou ter o brazo máis poderoso da LNB. Primeiro no concurso de varados. En dez intentos logrou dous varados, por diante de Fuco e Markitos, que obtiveron un cada un. Ademais de Otero e Fuco, nesta final participaron polo sur Xosé Miguel e Santi, que non tiveron sorte nos seus lanzamentos.

E xa só quedaba a final absoluta, na que se decidiría quen sucedía a Markitos como campión da LNB. Polo sur tiñamos oito clasificados: Amil, Agus, Alberte e Xosé Miguel xogaron a un bo nivel, pero non conseguiron pasar da primeira rolda. Na segunda rolda houbo un enfrontamento fraticida entre Elvis e Chupi, no que caeu o primeiro. Pablo chegou ata as semifinais, onde lle tocou xogarse o pase co defensor do título. Pese a xogar a un nivel moi alto, non puido con Markitos. Noutra semifinal enfrontábanse os dous palanadores que só un mes antes se xogaran en Mos o título de campión do sur: Chupi e Otero. O dos Lideiras tiña o brazo fino, e pronto tomou vantaxe, que consolidou para colocarse na final, xunto con Markitos e Hugo, dous Billardeiros Musicais. Pero Otero estaba lanzado, e na final non cedeu un só punto: gañou as cinco carreiras e proclamouse campión. Rubén Otero, parabéns!

Advertisements

Accións

Information

4 responses

1 06 2009
Sur

Somos os/as mellores. parabéns que magoa non estar alí.

1 06 2009
Daniel

Dende o NorLeste, quero mandar os meus parabéns os Paquete Pinchas e a Rubén Otero. Onte en Conxo fixeron que o xogo-deporte da billarda se convertira en arte. Noraboa CAMPIONS!!

2 06 2009
zimmer103

Os palanadores e palanadoras do Norte chegamos coa cara e as costas vermellas pero non foi unha queima solar a de Conxo senón unha insolación colectiva producida polo deslumbrante xogo e concepto billardeiro posto en marcha no Sur que nos deixou a todos os presentes coa boquiña aberta…O sur venceu , convenceu e o seu plantexamento deportivo sitúa ó deporte da Billarda de pleno no século 21. Noraboa CAMPIÓNS!!

16 06 2009
zimmer103

Sería capaz “Vilamar Systema” despois de demostrar o seu poderío no año preto albino vencer ós campións nacionais “Paquete Pinchas”? , O desafío Galiña-Piñeira Champions xa está no ar….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: