10 de Maio: O Xerro do Salnés

28 04 2009

O vindeiro 10 de Maio terá lugar a Copa Salnés na parroquia de Xil (Meaño) ao carón da Capela das Angustias. Esta nova cita da LNB ten como gaio principal a desputa do ansiado Xerro do Salnés, actualmente en mans da conferencia Sur.

xerro


Esta e unha cita moi especial para o Sur, xa que o pasado ano foi aquí onde nos estreamos coma conferencia. Ademais foi tamén primeiro contacto dos nosos palanadores cos compañeiros de Lugo e A Coruña, primeiro nun roteiro polos furanchos pasando revista ao albariño e o viño de Barrantes, despois no xantar e finalmente a golpe de palán sobre a empinada pista das anguntias, donde reforzados pola xente de meaño fomos quen de impornos aos ata daquela invicta conferencia norte.

O programa para este ano e o seguinte:

-Punto de encontro na Taberna da Cancela ás 12H

-ruta polos furanchos

-xantar no Restaurante O Noso Bar:

Menú: paella de 1º, polo de 2º,postre, pan, auga e viño
(os vexetas so teñen q avisar antes) Prezo: 11 Euros.

-Aberto do Xerro do Salnés:

xerra

-O torneo desputarase na modalidade de Aberto.

-Os enfrontamentos sortearanse antes do torneo.

-O gañador individual recibirá viño do salnés

-A conferencia gañadora resultaraá da clsificación do aberto:

-A conferencia gañadora recibirá o Xerro do Salnes

-Poderan participar cantos xogadores o desexen para cada conferencia

-Puntuaran os 10 palanadores que mellor resultado acaden en cada conferencia

-Os puntos finais de cada conferencia serán a suma dos puntos dos seus 10 mellores palanadores.

-Os puntos repartiranse da seguinte maneira:

Campión – 10 Puntos

Subcampión – 9 Puntos

Semifinalistas – 8 Puntos

Cuartofinalistas – 6 Puntos

Oitavo Finalistas – 4 Puntos

Dezaseisavos – 3 Puntos

Fase de Grupos – 1 Punto

-Durante a celebración do torneo iranse sumando os puntos de cada conferencia e retrasmitirase

o marcador para que todos sepan como vai o enfrontamento.


Estade atentosporqué esta semana iremos ofrecendo mais información sobre a copa Salnés así como dos abertos que chegado Maio xerminan por toda a nosa xeografia, e dos que xa vos podemos adiantar as seguintes datas: – 9 Maio (salceda), -10 Maio (Meaño) 16 Maio (Marin) 17 Maio (por confirmar Vigo) –¿? Maio (Moaña) 30 Maio (Finais en Compostela)

Advertisements

Accións

Information

2 responses

29 04 2009
JOSINHO

Este ano o Xerro xa non vai a ser a torneo agardado. É unha magoa que no Sur non dedes a posibilidade de revancha a xente do norte.
A única competición entre conferencias queda anulada o non poder xogarse o ansiado partido pola xente do norte. Nos fumos quen perdimos e quen podemos volver a perder fácimente, pero merecemos unha oportunidade de revancha-

30 04 2009
Rubén

Boas Josinho!
A revancha está servida, a conferencia gañadora farase co Xerro do Salnés. Xa sabemos que desta volta será mais dificil, e para iso estamos todos convocados para tratar de defender o Xerro. Sorte aos rivais e agardamosvos con impaciencia para outra xornada memorable. así xogamos todos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: