A pincha fíxose un oco en Mos

7 04 2008

A pincha volveu voar no torreiro de Torroso, en Mos. O ruído dos paláns pegando nas billardas volveuse escoitar no sur de Galicia e esta vez regresou para quedarse. Este sábado celebrouse o 1º Aberto de Mos, cun éxito de participación extraordinario: 48 participantes, nenos, nenos, mozos, mozas e algún que outro peinando as canas. Xentes de Mos, O Porriño, Vigo e outras localidades responderon á chamada da LNB. Ás 5 da tarde iniciouse ete torneo que é a primeira pedra da futura liga regular da Conferencia Sur. A destacar a presencia de moitos nenos e xente moza de Torroso, e a chegada desde Vigo de Aitor e o equipo dos Palanganas, auténticos referentes da billarda no Sur.

Baixo un son de xustiza e co hiphop da Mafia Gallega tronando no aparato de música, botou a andar o campionato En dúas pistas paralelas xogouse a primeira fase, na que os 48 participantes se enfrontaron en 12 grupos de catro persoas. Os 24 mellores (ou máis afortunados) pasaron á segunda fase, con eliminatorias directas.

A emoción foi medrando a medida que avanzaba o torneo. Na segunda fase foron caendo algúns palanadores que nos grupos previos amosaran bo tino. Seis palanadores chegaron ás semifinais: Chupi, Cristóbal e Esteban pola parte de arriba do cadro, e Fuco, Manolo e Josué na de abaixo. Ao final, Chupi e Josué chegaron á final, co público entregado a dous palanadores que apuntan maneiras de figuras da Conferencia Sur. Ao seu favor o feito de que foron os únicos que o sábado conseguiron cadanseu varado.

E a final non puido ser máis emocionante. Ambos meteron a pincha no varal no mesmo numero de golpes, polo que tiveron que desempatar ao lanzamento máis longo. Por sorteo tocoulle a Chupito comezar. Puideron os nervios e saíulle un golpe moi malo. Pero eses mesmos nervios atacaron a Josué, que tamén fixo un lanzamento malo. Ao final houbo que medir cos paláns a distancia, e por menos de medio palán impúxose Josué.

Así que, o Aberto de Mos xa ten o seu primeiro campión: Josué.

E por equipos, os que acumularon máis puntos foron A Tropa, no que xogaban Josué, Celsito, Ioli e Xaime.

Pronto teremos aquí unha ampla reportaxe fotográfica do Aberto de Mos, e agardamos que tamén un vídeo. E non esquezades que a próxima cita é a Copa do Salnés!

Moitas gracias a todos os que participastes o sábado: Álvaro, Fran, Fuco, Mariña, Chupi, Miguel, Noni, Cholo, Aitor, Adrián, Laura, Bisco, Esme, Moi, Fátima, Santi, Porto, Silvia, Diego, Merchi, Josué, Celsito, Ioli, Xaime, Chicho, Gonzalo, Xiana, Manolo, Henrique, Miguel, Esteban, Xavi, Adri, Iago, Cristian, Piollo, Anxo, Martín, Pablo, Manu, Alfonso, Teresa, Mari, Ruben, Patri, Jota, Manuel Barcia e Miguel. E gracias tamén aos que viñeron a apoiar!

Advertisements

Accións

Information

One response

8 04 2008
Solimán

Eu estreneime oficialmente na pincha (que na miña zona, A Ponte Ulla-Comarca de Santiago, se chama estornela) este sábado en Mos. Poida que me atascara un pouco, pero para a próxima irei entrenada e ides flipar. Unha suxerencia, por que non facedes unha gorriña oficial, porque baixo o sol de xustiza do sábado botouse de menos (jiji!). Paseino xenial. Ánimo Faisáns!!! Deica a próxima.
Esme.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: