Os precursores

26 01 2008

A Rede xa se fai eco desta andaina que comeza. Por aquí, por alí e por máis alá danlle a benvida a esta aventura que a LNB trata de poñer en marcha polo Sur. A cousa está collendo corpo, fainos falta que máis xente coma ti se anime a participar neste gran acontecimento.

E enleados nestas lides de poñer en marcha o campionato polas terras do Sur, é bo momento para saudar aos Palan-ganas, os auténticos precursores da Liga Nacional de Billarda na zona de Vigo. Hai dúas tempadas implicáronse activamente xogando regularmente na liga da Mariña. Agardamos que recuperen ese equipo de nome e logo tan apropiados para achegar experiencia e bo saber ao campionato que pronto pariremos. Esperámolos!

Advertisements

Accións

Information

2 responses

30 01 2008
Anonymous

Arriba PALANGANAAAAAAAAAAS!!!
Sodes @s mellores!!! A pola ligaaaaaaa!!

Asdo: presidenta do clube de fans d@s Palanganas

13 02 2008
Turzi

COMUNICADO OFICIAL DO EQUIPO PALANGANAS:
Antes de nada, graciñas polos ánimos!
A Moisés e a quen comezades a grande aventura da Conferencia Sur da Liga Nacional de Billarda, moita sorte e moito ánimo.
Nesta fin de semana non poderemos achegarnos a adestrar (algúns/algunhas estamos algo lonxe, outras andan ocupadas…), pero podiamos quedar a última semana de febreiro ou a primeira de marzo para interecambiar ideas sobre a billarda e organizar algún torneo de verán ou algo así…
Saúde e Pincha!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: