Nova xornada da LNB Sur nas terras de Salceda, casa dos treze catorze pero tamén dos Pincharango, que xogara coma equipa local i encargarase de organizar o aberto. Como xa pudemos comproar o pasado ano o recinto conta con un amplo espazo exterior de xabre se o tempo acompaña, pero tamén dispón de pavillón polideportivo que se chove favorecerá aos especialistas en toque curto.
O Pasado ano venceu Alberte, o de Almuinha aspira a revalidar e así aceder os postos de play off que este ano estarán realmente desputados. Ata o momento temos varias sorpresas nestes 8 primeiros nos que se situan Panzo, L. Enrique, Manolo e Davide que tentarán afianzarse en Salceda. Por detrás deles continua todo moi apretado, ata datse o feito de que cunha vicoria podería colocarse entre os seleccionados o 46º da xeral.
No tocante a clasificación feminina suliñar a melloria das nosas palanadoras en Moaña que agardamos continue en Salceda. Pauliña defende título pero non será doado co bo momento de forma de Ana Diz, primeira da xeral, ou Lorena que nos abraiou no Aberto de Maceda donde chegou a semifinais.
Almuinha dá moita guerra: meteu a dous en semis e ponse 2º na xeral
Temos equipo novo: Iríache Mellor
Branco e Negro bate un récord: conseguir 1 só punto nun torneo
Pasou unha xornada máis, a terceira xa, e veu demostrar que aínda que parecía que Chupi arrancaba arrasando, este ano a liga vai estar moi igualada. Os 101 dálmatas da billarda que se congregaron en Moaña á chamada dos da Ghudalla demostraron que hai talento e competitividade, e que as vitorias se venden caras. Clicade aquí para ver todas as fotos.
Os Andrés Montes e Salinas das retransmisións da billarda
Desta volta o gañador foi Amil, dos Paquete Pinchas, que se estrea como vencedor dun aberto oficial. Amil tiña o brazo solto, como demostrou cun varado en cuartos de final e con seriedade e concentración conseguiu facerse co torneo vencendo na final a Jurjo. O de Almuinha chegaba por primeira vez a unha final: é un xogador regular que sabiamos que un día ou outro ía ter a súa oportunidade de chegar lonxe nos torneos.
Amil, vencedor en Moaña
En semis quedaron Óscar dos Currichos (4º), outro xogador regular con calidade para sorprender, e Luis Enrique de Almuinha (3º), que colleitou 8 puntos por segunda xornada consecutiva. Válenlle para colocarse 2º na xeral, con 21 puntos e a só 2 de Chupi. O líder dos Paquete Pinchas desta volta caeu en 16avos, e perde boa parte da súa vantaxe na clasificación. Amil escalou ata a 3ª posición da xeral, na que empata con Rubén Otero a 17 puntos. Por detrás quedan Davide de Pincharango (16 ptos.), Panzo da Ghudalla e Manolo de Se Foras Traballar con 14 e Xosé Miguel de Faísca e Tiago dos Currichos con 13.
Cara, ademais de palanador, é un excelente canteiro que fixo o trofeo para o mellor equipo
Palanadoras acertadas
No torneo de Moaña as palanadoras estiveron máis atinadas que en xornadas anteriores. Catro conseguiron pasar de grupos. Ana Diz foi a mellor no seu grupo e colleitou 4 puntos que lle permiten poñerse líder da clasificación feminina con 6. Tamén pasaron ás roldas Benchara de Se Foras Traballar (unha das sorpresas da xornada), María da Ghudalla (unha xogadora na que o equipo ten postas moitas esperanzas) e Fátima (a máis regular das palanadoras).
Duelo Paquetes-Almuinha
Máis mexilóns para os Paquete Pinchas
Os mellores equipos da xornada foron Paquete Pinchas e Almuinha. Parece que aos dous equipos se lles dá ben xogar en Moaña, porque o ano pasado empataron a puntos e este ano foi por un puntiño que os de Pontellas levaron de novo os mexilóns para casa. Tamén fixeron unha gran xornada Se Foras Traballar, un equipo que mellorou moito coas novas fichaxes e co excelente estado de forma de Manolo, e Pincharango, que logo de tres xornadas xa non son unha sorpresa para ninguén. Por outra parte, Branco e Negro bateu un récord insuperable no torneo: a puntuación máis baixa lograda por un equipo nun aberto: 1 punto, meritorio se temos en conta a cantidade de xogadores que presentaron.
A Almuinha faltoulle un puntiño... pero de todas formas están contentos
Hai que engadir que en Moaña debutou un equipo que agardemos que teña continuidade: Iríache Mellor. Un dos seus, Iago, conseguiu clasificarse e asinar un varado. Rubén Otero fixo outro, que lle serve para empatar con Chupi na segunda praza da clasificación de brazos duros. Tamén fixeron un Amil, Fredo e Josué.
Cita en Maceda co Castañazo
Cambiando de tema, este sábado 24 de agosto celébrase en Maceda (Ourense) o Castañazo. Ademais de escoitar ao Sonoro Maxín, Os Tres Trebóns, Som do Galpóm e Fracasados de Antemano, se vos pasades por alí podedes participar no torneo de billarda que organizan a partir das 16.30 h. Hai posibilidade de durmir nun pavillón de balde e de cear por 6 euros, pero para iso hai que avisar canto antes. Apuntádevos!
E para rematar, aquí podedes ver o vídeo do anterior torneo, o 2º da liga no Porriño.
Os libros e o viño do condado foronse para Salceda nas mans dos Treze Catorze que sairon triunfantes do II aberto da poesía no que Fran precisou dunha rolda de desempate para imporse na final o seu compañeiro Chiwi.
Os palanadores da conferencia sur medíronse no xabre de Salvaterra antes do inminente comezo da nova tempada en Redondela. Alí pudemos albiscar pistas sobre o estado de forma dos nosos Palanadores. A cara mais positiva puxeronna os treze catorze que ademais de meter a Fran e Chiwi na final colaron a varios dos seus na segunda fase (David, Nando, Anxo…) e presentan a sua candidatura a liga regular. A gran altura estiveron tamén os semifinalistas, Gil que estivo a piques de revalidar triunfo, e Pablo Suengas que comeza como rematou a pasada campaña,incomensurable. A Cruz en Salvaterra puxeronna algúns dos favoritos aos que o verán pasou factura, Rubén, Chupi ou Elvis sufriron para pasar a primeira rolda e cairon na seguinte dando mostras de fraqueza para o futuro.
O aberto da Poesía foi tamén escenario para a presentación das novas fichaxes dos Paquete Pinchas, Treze Catorce, Pinchas Bravas (escisión do Paquete Pinchas liderada por Elvis e Anibal) e Os currichos, reforma da Assembleia Aberta impulsada por Tiago (Palanador antes conocido coma Santi)
Despois do descanso estival esta finde chega un clásicoda pretempada, o Aberto da poesía en Salvaterra de Miño. Esta cita será unha boa oportunidade para comprobar o estado de forma dos palanadores do sur ante a inminente tempada 09-10.
En Salvaterra Gil trátará de revalidar o título conseguido o pasado ano, unha fazaña nada doada pois atoparase no camino cos campións zonal e nacional da LNB, con Pablo Suengas, MVP da cunca xíbara, ou cos Paquete Pinchas, a mellor equipa da LNB 08, que xa confirmaron a sua presencia e tamén se agarda representación do resto de equipas.
Deixámosvos co resumo de tele-varal do Aberto da Poesía 08.
Na competiciónfeminina Chus consolidouse durante a tempada como a mellor xogadora do sur sendo a palanadora mais constante e por iso a principal opción da nosa conferencia ante o poderío do Norte. Ana e acadou o que ninguna outra, colarse nas semifinais, con outro día así de inspirado é unha firme candidata. Fatima fixose en duas ocasións co premio de mellor palanadora e continua coa sua progresión. Finalmente Diana e Pilar, duas xogadoras que alternan grandes golpes con algúns fiascos, se conseguen asentar este Domingo o seu xogo, terán as suas opcións.
Rubén liderou olgadamente a xeral de varados, pero nunha pista longa e tan lenta como a que nos atoparemos no conxo, X. Miguel con unha poderosa pegada preséntase coma favorito. Santi é o especialista do Sur en varados, forza e precisión pero debe superar a presión das roldas finais nas que o seu xogo decae,se consigue templar os nervios e unha aposta segura. Fuco, xa sen muletas, demostrará que é un xogador cordinado.
Chupi enfróntase o seu maior reto, despois de dominar no sur a sua calidade e a gran competividade que amosa en cada torneo fai que depositemos en el as nosas esperanzas. Ruben agarda que os favoritos non teñan o seu día para aproveitar a sua oportunidade e Agus ten na gran final o escenario perfecto para recuperar o xogo que nos abraiou a comezos de tempada. X. Miguel é o noso xogador en progresión ¿Será o título nacional a suacima? Pabo e Amil contribuiron a cada victoria dos Paquete Pinchas, o primeiro xa nos amosou que podee quen de gañar nun aberto tan complicado como o de Vigo mentres que Amil agarda a sua oportunidade. Elvis é a gran incognita, o xogador mais instintivo e apaixoado da conferencia o que fai imposible calquer intento de análise.
Os Paquete Pinchas foron os dominadores absolutos da LNB Sur, soio a Faisca foi quen de vencelos na pista de budiño, nas demais citas gañaron por equipas. Ademais de colocar 4 palanadores entre os 8 finalistas teñen detrás a xogadores que e aportaban puntos decisivos cada xornada e será a sua actuación na final a que os poida levar ao éxito. Charlie, Manuel, Mari, Alvaro, Anibal, Romi, X. Xan, Ivan, Anxela, Amil, Chupi, Elvis e Pablo tratarán de que o mellor equipo do sur o sexa tamén de Galiza.
Lembrade: Rua Campo do Conxo (Sta Maria do Conxo, Compostela) As 11:30 comezamos, 14:00 xantar, Pola tarde reanudamos. A POLAS FINAIS!!!
O Domingo 31 de Maio no campo do Conxo decidiranse os campións nacionais da LNB ´09 donde os representantes do Sur tratarán de quebrar a hexemonia implantada ata agora pola Conferencia Norleste. E para presentar aos nosos palanadores nada mellor que que esta producción para TeleVaral dirixida por Pablo coa que podemos rememorar a gala de Mos, con mais glamour que no Kodak Theatre de Milton.
E aquí temos tamén recen forneado a cartaz co programa oficial da xornada, obra do artistas Nachok, un habitual nas colaboracións coa LNB.
Dende o Noroeste chegará a armada encabezada polos Furabolos, equipa gañadora que ademais conta con Ivan, Toño, X. Antón e Iolanda para os individuais. Virán acompañados de palanadores con mais experiencia en finais nacionais coma Serxio, maceira, Rafa, Roi, Xaquim, Leti ou Jano. Polo que indagaron as nosas fontes atención especial con Iván (especialista en varados) e o xogo firme de Iolanda e Serxio. Toño e X. Antón xa foron quen de batirnos en Marin.
Na guagua do Norleste chegan os favoritos, no ´08 gañaron todo, i ete ano veñen a por mais coa moral a tope tra-la copa Salnés. Resulta difícil destacar algún xogador entre tanta figura: Markitos, actual campión e líder ´09 en varados, Hugo, subcampeón, Ana, Campiona ´08, Geni, Subcampiona e primeira muller en gañar un aberto LNB, e os Remourelle Bulls que collen o testigo dos Billardeiros Musicais gañadores no ´08.
Este foi o fin de semana mais activo dende que a LNB comezou a gatexar, as billardas danzaron por cada recuncho coma sempre o fixeran: Aberto da Lingua (Marin), Illa de Samertolomeu (Meira), Aberto das letras (A Coruña), Festa da Lingua (Vigo) e Aberto das Letras (Compostela).
Na conferencia Sur arrincamos o Sabado en Marim, onde os compañeiros da Almuinha sobrepuxeronse a chuvia e levaron a cabo unha xornada abraiante, actuacións musicais, contacontos, libros, talleres, xantar, billarda e un serán para rematar de madrugada. No aberto recibimos a visita dos Furabolos do Pino, X. Antón, Iolanda e Ivan deron boa mostra do potencial do noroeste de cara o play off e Toño fíxose co lote literario reservado para o campión barrendo cos Paquete pinchas, a colonia africana de Ahmed, Yassinee mohamed I e II, e pese a resistencia e o voo de Alberte na final.Visita o FotoVaral
O Domingo a tarde voltou o Sol, e o Parque de Castrelos mentres agarda a visita de Leonard Cohen, foi o marco perfecto para a festa das letras.
Se en Marín nos acompañaron os Furabolos, ata Vigo chegaron Billardeiros Musicais dende Ribadeo, a quen non temos verbas dabondo para agradecer a colaboración na organización, un traballo iniciado pola Faisca.
Durante toda a tarde foron moitos os que se bautizaron co palán, pero a gloria estaba reservada para Elvis, que se impuxo a Daniel nunha final de infarto. Xose Miguel e Franco pese a facer unha gran actuación cairon nas semis tras eliminar a Pinto e a un Viana que cada dia vai a mais. Ollo con el a vindeira tempada.
Charlie que non estivo tan fino como en Marín nos golpeos, realizou outra gran colección de fotografías do torneo que tamén podedes ver aquí.
Apaga o teu televisor, ou mellor tirao pola fiestra. Hoxe temos sesión dupla, para comezar temo-la xenial obra de Pablo Suengas do Culombio, que nos ofrece unha estilizada mestura de música e imaxes do acontecido no II aberto de Mos. A culme da videocreación en televaral.
E ainda fervendo proxectamos o video resumo chegado dende Ribadeo do acontecido no Xerro do Salnés.
Televaral ofreunos bos recordos do acontecido, pero o frénetico ritmo que marca a LNB non deixa lugar a tregua i este fin de semana as billardas voltarán a voar as duas beiras da ria.
O sábado en Marín: Festa da Lingua.
Aberto de billarda no Pavillon do Sequelo as 18:00 Mais Info
Domingo 17, Samertolomeu (Moaña) as 11:00 Aberto de billarda. Os compañeiros da aghudalla (Equipa Moaña na LNB)Convidan a un pincho e viño a todolos xogadores da LNB que alí se despracen e premios da feira de artesanía para os gañadores.
O Norte cóbrase a revancha e faise co Xerro do Salnes nunha tarde pasada por auga. Chegaron a Xil coa clara determinación de levarse o xerro cara Ribadeo e o sur nesta ocasión non foi quen de detelos.
A xornada comezou co desembarco das duas conferencias na Taberna da Cancela donde a xente de xil nos fixo sentirnos na casa, despois acompañaronos no percorrido polos furanchos ademais de abrirnolas portas das Adegas Castrocelta. No Noso bar repuxemos forzas para a batalla vespertina. Nada mais chegar a Pista das Angustias unha tromba de auga abriu unha serie de despropósitos como a falla de recursos materiais ou o estado de letargo no que cairon algúns palanadores.Pese a todo isto non faltou quen collese as rendas, e grazas a colaboración de todos iniciouse a competición.
O norte impuxo un forte ritmo dende o principio e pese a que os palanadores de Meaño raiaron a alto nivel foron Franco e Eric os que se plantaron na final asegurando así a victoria do Norte tanto a nivel individual coma de equipas.
Para cerrar outra xornada memorarable a Taberna da Cancela foi o escenario para o fin de festa, no que Manuel Abuín cun abraiante repertorio musical fixo gozar aos supervivintes ata cair a noite.