O sábado 3 de decembro, a billarda vaise colocar no centro da cultura galega coa Billarda Experience Culturgal. Iremos ao Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, a presentar o disco “República Billarda” e a celebrar o Aberto Culturgal de Billarda, terceiro torneo puntuable da LNB Sur. Esta é a orde do día:
16:30h: Pazo da Cultura de Pontevedra: Presentación de “República Billarda”, o disco dobre no que os grupos máis potentes lanzan con forza as súas billardas musicais. Xermán, Sak e Marcos encargaranse de presentalo.
17:00h: Pavillón do CEP A Xunqueira 2: Aberto Culturgal de Billarda, puntuable para a LNB Sur. O pavillón está ao lado do Pazo da Cultura. Este é o lugar: VER MAPA.

a cona, non era o día 4?, hala, a perderse outro partido do celta, puto vicio que teño
Por que sempre avisades un dia antes? Eu teño que ir esquiar ese día.
Sr. Amil, lembrámoslle que ten unha reserva o día 3 ás 16:00.
Sempre súas, Clube Ladys.
Esquiar en Andorra. Non pensedes mal.
[...] Sábado no Culturgal presentación do disco "república billarda" ven a Billarda Experienc… lnbsur.wordpress.com/2011/11/26/billarda-experience-aberto-p… por iola hai 4 segundos [...]