Este foi o fin de semana mais activo dende que a LNB comezou a gatexar, as billardas danzaron por cada recuncho coma sempre o fixeran: Aberto da Lingua (Marin), Illa de Samertolomeu (Meira), Aberto das letras (A Coruña), Festa da Lingua (Vigo) e Aberto das Letras (Compostela).

Na conferencia Sur arrincamos o Sabado en Marim, onde os compañeiros da Almuinha sobrepuxeronse a chuvia e levaron a cabo unha xornada abraiante, actuacións musicais, contacontos, libros, talleres, xantar, billarda e un serán para rematar de madrugada. No aberto recibimos a visita dos Furabolos do Pino, X. Antón, Iolanda e Ivan deron boa mostra do potencial do noroeste de cara o play off e Toño fíxose co lote literario reservado para o campión barrendo cos Paquete pinchas, a colonia africana de Ahmed, Yassinee mohamed I e II, e pese a resistencia e o voo de Alberte na final.Visita o FotoVaral

O Domingo a tarde voltou o Sol, e o Parque de Castrelos mentres agarda a visita de Leonard Cohen, foi o marco perfecto para a festa das letras.

Se en Marín nos acompañaron os Furabolos, ata Vigo chegaron Billardeiros Musicais dende Ribadeo, a quen non temos verbas dabondo para agradecer a colaboración na organización, un traballo iniciado pola Faisca.
Durante toda a tarde foron moitos os que se bautizaron co palán, pero a gloria estaba reservada para Elvis, que se impuxo a Daniel nunha final de infarto. Xose Miguel e Franco pese a facer unha gran actuación cairon nas semis tras eliminar a Pinto e a un Viana que cada dia vai a mais. Ollo con el a vindeira tempada.
Charlie que non estivo tan fino como en Marín nos golpeos, realizou outra gran colección de fotografías do torneo que tamén podedes ver aquí.

A Charlie véxoo vino pouco concentrado durante esta tempada. Apostaría varías rondas de licor café a que si vai aos play a Ribadeo gañaríalle con contundencia un man a man.