O vindeiro 10 de Maio terá lugar a Copa Salnés na parroquia de Xil (Meaño) ao carón da Capela das Angustias. Esta nova cita da LNB ten como gaio principal a desputa do ansiado Xerro do Salnés, actualmente en mans da conferencia Sur.

Esta e unha cita moi especial para o Sur, xa que o pasado ano foi aquí onde nos estreamos coma conferencia. Ademais foi tamén primeiro contacto dos nosos palanadores cos compañeiros de Lugo e A Coruña, primeiro nun roteiro polos furanchos pasando revista ao albariño e o viño de Barrantes, despois no xantar e finalmente a golpe de palán sobre a empinada pista das anguntias, donde reforzados pola xente de meaño fomos quen de impornos aos ata daquela invicta conferencia norte.
O programa para este ano e o seguinte:
-Punto de encontro na Taberna da Cancela ás 12H
-ruta polos furanchos
-xantar no Restaurante O Noso Bar:
Menú: paella de 1º, polo de 2º,postre, pan, auga e viño
(os vexetas so teñen q avisar antes) Prezo: 11 Euros.
-Aberto do Xerro do Salnés:

-O torneo desputarase na modalidade de Aberto.
-Os enfrontamentos sortearanse antes do torneo.
-O gañador individual recibirá viño do salnés
-A conferencia gañadora resultaraá da clsificación do aberto:
-A conferencia gañadora recibirá o Xerro do Salnes
-Poderan participar cantos xogadores o desexen para cada conferencia
-Puntuaran os 10 palanadores que mellor resultado acaden en cada conferencia
-Os puntos finais de cada conferencia serán a suma dos puntos dos seus 10 mellores palanadores.
-Os puntos repartiranse da seguinte maneira:
Campión - 10 Puntos
Subcampión - 9 Puntos
Semifinalistas - 8 Puntos
Cuartofinalistas - 6 Puntos
Oitavo Finalistas - 4 Puntos
Dezaseisavos - 3 Puntos
Fase de Grupos - 1 Punto
-Durante a celebración do torneo iranse sumando os puntos de cada conferencia e retrasmitirase
o marcador para que todos sepan como vai o enfrontamento.
Estade atentosporqué esta semana iremos ofrecendo mais información sobre a copa Salnés así como dos abertos que chegado Maio xerminan por toda a nosa xeografia, e dos que xa vos podemos adiantar as seguintes datas: - 9 Maio (salceda), -10 Maio (Meaño) 16 Maio (Marin) 17 Maio (por confirmar Vigo) –¿? Maio (Moaña) 30 Maio (Finais en Compostela)
Este ano o Xerro xa non vai a ser a torneo agardado. É unha magoa que no Sur non dedes a posibilidade de revancha a xente do norte.
A única competición entre conferencias queda anulada o non poder xogarse o ansiado partido pola xente do norte. Nos fumos quen perdimos e quen podemos volver a perder fácimente, pero merecemos unha oportunidade de revancha-
Boas Josinho!
A revancha está servida, a conferencia gañadora farase co Xerro do Salnés. Xa sabemos que desta volta será mais dificil, e para iso estamos todos convocados para tratar de defender o Xerro. Sorte aos rivais e agardamosvos con impaciencia para outra xornada memorable. así xogamos todos!